Rally de Ourense de 1994
Tipo | edición de rally ![]() |
---|---|
Parte de | Rally de Ourense, Tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally e Tempada 1995 do Campionato de España de Rally ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Número de edición | 27 (1994) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Mia Bardolet ![]() |
O Rally de Ourense de 1994 foi a 27ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys. Celebrouse entre o 24 e o 26 de xuño[1] e o vencedor foi por segundo ano consecutivo o piloto catalán Mia Bardolet.[2]
Itinerario
Constou de 168 quilómetros cronometrados, divididos en dúas seccións e 16 treitos (8 percorridos distintos a dúas pasadas cada un). Tanto a saída como a chegada situáronse no Parque de San Lázaro.[3]
Resumo
Comezou liderando a carreira José María Bardolet, pero pouco despois colocouse primeiro Oriol Gómez. Con todo, Gómez viuse obrigado a abandonar a falta de 8 treitos, polo que Bardolet recuperou a primeira praza, que xa non perdeu até o final. Detrás del cruzou a meta Luís Climent, de xeito cómodo tras o abandono de Borja Moratal, e en terceira posición rematou Germán Castrillón, que remontou posicións nos últimos treitos, despois de que nos primeiros rompese a dirección e picase unha roda.[2]
Clasificación final
Pos | Piloto | Copiloto | Automóbil | Tempo |
---|---|---|---|---|
1 | ![]() |
![]() |
Opel Astra GSI 16v | 1:54:23 |
2 | ![]() |
![]() |
Opel Astra GSI 16v | 1:54:53 |
3 | ![]() |
![]() |
Ford Escort Cosworth | 1:59:30 |
4 | ![]() |
![]() |
Renault Clio Williams | 1:59:39 |
5 | ![]() |
![]() |
Peugeot 106 Rallye | 1:59:42 |
6 | ![]() |
![]() |
Peugeot 106 Rallye | 2:00:38 |
7 | ![]() |
![]() |
Citroën AX GTI | 2:00:51 |
8 | ![]() |
![]() |
Ford Sierra Cosworth | 2:02:06 |
9 | ![]() |
![]() |
Ford Sierra Cosworth | 2:02:15 |
10 | ![]() |
![]() |
Ford Sierra Cosworth | 2:02:56 |
Abandonos | ||||
- | ![]() |
![]() |
Renault Clio Williams | - |
- | ![]() |
![]() |
Citroën AX Sport | - |
- | ![]() |
![]() |
Peugeot 306 S16 | - |
- | ![]() |
![]() |
Ford Escort Cosworth | - |
Notas
- ↑ Javier Figueiredo Pérez. "Rallye de Ourense 1967-2003".
- ↑ 2,0 2,1 Arévalo, F. (27 de xuño de 1994). "Doblete de los Opel en Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). p. 38.
- ↑ Arévalo, F. (25 de xuño de 1994). "Un mano a mano Climent-Oriol". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55.
Predecesor: Rally de Ferrol |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1994 |
Sucesor: Rally San Froilán |