Ralph Bakshi

Ralph Bakshi
Nacemento29 de outubro de 1938 e 26 de outubro de 1938
Lugar de nacementoHaifa
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterHigh School of Art and Design e Thomas Jefferson High School
Ocupacióndirector de cinema, guionista, produtor de cinema, pintor, actor, escritor, animador, xornalista, actor de dobraxe, produtor de televisión e realizador
PremiosWinsor McCay Award e Inkpot Award
Na rede
http://www.ralphbakshi.com/
IMDB: nm0000835 Allocine: 30715 Rottentomatoes: celebrity/ralph_bakshi Allmovie: p80464
Facebook: RalphBakshi Twitter: ralphbakshi Discogs: 1106986 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ralph Bakshi, nado en Haifa (Mandato británico de Palestina), o 29 de outubro de 1938, é un cineasta e animador estadounidense. A medida que a industria de animación estadounidense declinaba durante as décadas de 1960 e 1970, Bakshi intentou innovar e foi pioneiro da animación para adultos, como Fritz the Cat baseado no personaxe de Robert Crumb. En 1978 dirixiu a primeira adaptación cinematográfica de O Señor dos Aneis, a novela de fantasía heroica de J. R. R. Tolkien. O seu último éxito foi Cool World (1992), que mestura imaxe real con debuxos animados.

Traxectoria

Ralph Bakshi naceu o 29 de outubro de 1938 en Haifa, daquela parte do Mandato británico de Palestina. En 1939, a súa familia mudouse a Nova York para escapar da segunda guerra mundial.[1][2] Criouse no Brooklyn e estudou na "High School of Industrial Art". Despois de graduado estivo traballando nos estudios de animación de Terry Toons en New Rochelle, coloreando personaxes como Mighty Mouse e outros. Desde os 25 anos traballou como director creativo dos estudios CBS, onde creou os Mighty Heroes.

En 1967, a Paramount chamouno para producir e dirixir longametraxes como Marvin Digs, Mini Squirts, Fritz the Cat etc. Este último foi escrito e dirixido por el en 1971. A partir de aí Bakshi dirixiu varias longametraxes como Heavy Traffic en 1973, Street Fight en 1975 e Wizards en 1977.

En 1978 Ralph Bakshi dirixiu The Lord of the Rings, unha historia adaptada do clásico de J. R. R. Tolkien, usando técnicas do rotoscopio, método usado por Disney para animar personaxes ultra-realistas.

En 1981 estrou American Pop, onde aborda a evolución dun grupo de música americano que inclúe como banda sonora músicas de George Gershwin, Dave Brubeck, Herbie Hancock, Bob Dylan, The Doors, Velvet Underground e Jimi Hendrix, entre outros. Seguidamente Hey Good Lookin (1981) e Fire and Ice (1983), colaborando con Frank Frazetta, renomeado ilustrador de cómics fantásticos, que conta a historia dun heroe que salva unha princesa dun tirano que ten o poder de dominar o xeo.

En 1991 comeza a traballar en Cool World, filme que mestura a animación con imaxes reais e na cal traballa con Brad Pitt e Kim Basinger.

Filmografía

Ralph Bakshi en xaneiro de 2009, en Austin (Texas).
  • 1957 a 1967: diversos traballos no estudio de animación Terrytoons: Mighty Heroes, como creador e director; episodios soltos de James Hound, Sad Cat, Spiderman e Deputy Dawg, como director; e de James Hound, Heckyl & Jeckyl, Lariat Sam e Foofle, como animador;
  • 1967: episodios soltos de Marvin Diggs, os Bickersons, Rocket Robin Hood e Spiderman, como director;
  • 1968: un celebrado spot de Fanta, como creador e director;
  • 1972: Fritz the Cat, como guionista, director e produtor;
  • 1973: Heavy Traffic, como guionista, director e produtor;
  • 1975: Coonskin (Streetfight), como guionista e director;
  • 1977: Wizards, como guionista, director e produtor;
  • 1978: The Lord of the Rings, como director;
  • 1980: Hey Good Lookin, como guionista, director e produtor;
  • 1982: American Pop, como director e produtor;
  • 1983: Fire and Ice, como director e produtor;
  • 1985: Harlem Shuffle, como director;
  • 1986: This Ain't Be Bop, como guionista, director e produtor;
  • 1987: a serie The New Adventures of Mighty Mouse, como director e produtor (dúas temporadas);
  • 1988: Tattertown, como guionista, director e produtor;
  • 1989: Dr. Seuss The Butter Battle Book, como director;
  • 1993: Cool World, como director (mestura de animación e actores reais);
  • 1994: The Cool & the Crazy, como guionista e director (única obra deste autor que non é de animación);
  • 1995:
    • a serie Malcolm & Melvin (cadea HB), como guionista, director e produtor;
    • a serie Babe He Calls Me (cadea HB), como guionista, director e produtor;
    • a serie Spicy City (cadea HBO), como produtor.[3]

Notas

  1. "Biografía". Ralph Bakshi.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2004. Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  2. Tom, Buckley (20 de febreiro de 1981). "Ralph Bakshi, an immigrant's son, looks back". New York Times. Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  3. "Filmografía". Ralph Bakshi.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas