Raposo ártico
Raposo ártico | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Vulpes lagopus' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
O raposo ártico ou raposo polar (Vulpes lagopus) é un mamífero pertencente á familia dos cánidos.
Características
Moi semellante o raposo común, mais adaptado ás condicións extremas do seu hábitat. A principal diferenza é o pelame, completamente branco no inverno, e un pardo agrisado no verán. Ademais é lixeiramente maior có raposo común e o fociño e orellas algo máis curtas. É un animal solitario, agás na época de reprodución. Adoita ser nómade durante o inverno, á procura do alimento. Este pode ser dende bagas e cogomelos ata lemmings, paxaros, ovos, peixes ou aves acuáticas. Non despreza a calaza, e mesmo ás veces segue ós osos polares para aproveitar os seus restos. Pouco medoño, pode aproximarse as vilas ou asentamentos humanos.
Distribución
Sobre todo na tundra aberta, sen presenza de árbores. Tamén en zonas costeiras ou nas zonas xeadas do Ártico.
Véxase tamén
Outros artigos
Notas
- ↑ Angerbjörn, A.; Hersteinsson, P.; Tannerfeldt, M. (2008). "Alopex lagopus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 6 de outubro de 2014.