Residencia de Würzburg
Residencia de Würzburg | |
---|---|
Vista da fachada que dá ao xardín. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Alemaña |
Localización | Coordenadas: 49°47′34″N 9°56′20″L / 49.79279761747, 9.9388890432453 |
Tipo | Cultural |
Criterios | (i), (iv) |
Inscrición | 1981 (sesión V) |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 169 |
A Residencia de Würzburg (en alemán: Würzburger Residenz) é un pazo barroco que se atopa na cidade alemá de Würzburg, no estado de Baviera.
Historia
Foi orixinalmente deseñada polo arquitecto Johann Balthasar Neumann para o príncipe-bispo Johann Philipp Franz von Schönborn. A súa construción durou sesenta anos. Entre 1720 e 1744 completouse a estrutura exterior, mentres que o interior foi rematado en 1780.[1]
Segunda guerra mundial
O 16 de marzo de 1945, só unhas semanas antes do final da segunda guerra mundial, un ataque aéreo destruíu o 90% da casco antigo de Würzburg e queimou a Residencia case totalmente. O lume avanzou dende a cuberta superior e foi queimando os teitos de madeira e as paredes. Tamén tería queimado os mobles e os paneis das paredes de non ser porque foron almacenados noutro lugar antes.
Reconstrución
As tarefas de restauración da Residencia comezaron tralo final de guerra[2] e non cesaron até o ano 1987, cando se completou e se abriu de novo o "Gabinete do espello". A súa reconstrución custou arredor de 20 millóns de euros.[3]
Patrimonio da Humanidade
No ano 1981, a Residencia Würzburg e os seus patios e xardíns foron declarados como "Patrimonio da Humanidade" pola UNESCO e gozan dunha protección especial.
Galería de imaxes
Notas
- ↑ "Würzburg Residenz - Building history". Consultado o 17 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Kriegszerstörung und Wiederaufbau". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Würzburg Residenz - War damage and reconstruction". Consultado o 17 de xaneiro de 2016.