Rexistro Mercantil

O Rexistro Mercantil é unha institución administrativa dependente do Ministerio de Xustiza que ten como obxectivo a publicidade oficial das situacións xurídicas dos empresarios e sociedades inscritos. Rexido polo Regulamento do Rexistro Mercantil, aprobado polo Real Decreto 1784/1996 do 19 de xullo.

Organización

Existe un Rexistro Mercantil por cada provincia, que recolle a información relativa a esa rexión. E un Rexistro Mercantil central que aglutina as informacións de tódolos Rexistros provinciais e publica o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME).

Inscrición

Os seguintes suxeitos están obrigados a inscribirse no Rexistro Mercantil:

  • Armadores.
  • Sociedades mercantís
  • Sociedades de garantía recíproca
  • Cooperativas de crédito, mutuas, cooperativas de seguros e mutualidades de previsión social.
  • Sociedades de investimento colectivo.
  • Agrupacións de interese económico.
  • Caixas de aforro.
  • Fondos de investimento.
  • Fondos de pensións.
  • As sucursais dos anteriores suxeitos.
  • As sociedades estranxeiras que trasladen o seu domicilio a territorio español.
  • As demais persoas que establezan as leis.

Funcións

A parte da publicidade oficial de persoas tanto físicas como xurídicas e os seus actos mercantís, o Rexistro Mercantil é o encargado da legalización dos libros dos empresarios, do nomeamento de auditores e peritos segundo os casos que determinen as leis e do depósito e publicidade da contabilidade dos suxeitos inscritos nos casos que sexa pertinente segundo a lei.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas