Richard Serra

Richard Serra
Nacemento2 de novembro de 1938
Lugar de nacementoSan Francisco
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de California en Berkeley, Universidade de Califórnia en Santa Bárbara e Universidade Yale
Ocupaciónescultor, pintor, debuxante, produtor de televisión, videoartista e artista
CónxuxeNancy Graves
Coñecido porPhilibert and Margaret, Slat, The Hedgehog and the Fox e Fulcrum
PremiosComendador das Artes e as Letras, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Bolsa de estudos Guggenheim, Goslarer Kaiserring, Premio Príncipe de Asturias das Artes, Praemium Imperiale e Prêmio Wilhelm Lehmbruck
Na rede
IMDB: nm0962394 Allocine: 15786 Allmovie: p319192
Discogs: 1723079 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Richard Serra, nado en San Francisco, o 2 de novembro de 1939, é un escultor minimalista estadounidense coñecido por traballar con grandes pezas de aceiro corten.

Traxectoria

Formación académica

Estudou Literatura na Universidade de California, Berkeley, entre 1957 e 1961. Posteriormente estudou Arte na Universidade Yale. Mentres vivía na Costa Oeste, traballaba nunha aceiraría, actividade que lle influíu no seu traballo.

Primeiros traballos

Nos primeiros traballos de Serra eran completamente abstractos; feitos de chumbo fundido lanzado contra a parede dun estudo ou dun espazo da sala dunha galería ou exposición. Era un claro exemplo da Arte Procesual. Porén, é máis coñecido polas súas construcións minimalistas de grandes rodelos e de follas de aceiro corten. Moitos destes cachos son autosuficientes e acentúan o peso e a natureza dos materiais. Rolos de chumbo deséñanse para ceder nun certo tempo. As súas esculturas de aceiro en exteriores, levan un proceso inicial de oxidación, pero despois de 8 a 10 anos, esta cor mantense relativamente estábel.

En 1981, Serra instalou o Tilted Arc, un muro de aceiro de 3.5 metros de altura curvado lixeiramente, na Praza Federal de Nova York. Houbo unha gran polémica sobre a instalación a partir do primeiro día, en gran parte por mor a que os traballadores dos edificios lindeiros queixáronse debido a que a parede de aceiro obstruía o paso a través da praza. Unha audiencia pública en 1985 votou a favor de que o traballo fora removido, pero Serra alegou que a escultura estaba no seu sitio específico e que non se podía colocar en calquera outro. Serra publicou unha declaración famosa onde dicía: “Quitar o traballo sería destruílo.” Finalmente, o 15 de marzo de 1989, a escultura foi desmontada polos traballadores federais e desfeita posteriormente.

Outro traballo famoso é xigantesca escultura Snake, un trío de sinuosas follas de aceiro que fan forma curva. Establecido permanentemente no espazo máis grande do Museo Guggenheim de Bilbao, onde máis adiante, no 2005, montaríase unha exposición de máis traballos de Richard Serra. Non obstante, non sempre lle foi ben no circuíto da arte en España; tamén ese mesmo ano, o Centro de Arte Raíña Sofía en Madrid anunciou que unha das súas esculturas, de 38 toneladas, “fora perdida.”

No ano 2000, instalou o Charlie Brown, unha escultura de 60 pés de alto localizada na nova central de Gap Inc., en San Francisco. Para acelerar a oxidación, os aspersores foron dirixidos inicialmente cara as catro lousas feitas de aceiro que compoñen o traballo. Na Bienal de Whitney 2006, Serra mostrou simplemente un debuxo de cera dun preso de Abu Ghraib co subtítulo “STOP BUSH”. Esta imaxe foi utilizada máis adiante polo Museo Whitney para facer os carteis para a bienal.

En 2010, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.

Véxase tamén

Ligazóns externas