Rick and Morty
Rick and Morty | |
---|---|
![]() | |
Xénero | Ciencia ficción Sitcom animada Humor negro |
Creado por | Justin Roiland Dan Harmon |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 7 |
Episodios | 71 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Dan Harmon Justin Roiland James A. Fino Joe Russo II |
Produtor(es) | J. Michael Mendel Kenny Micka (piloto) |
Distribuidor | Warner Bros. Television |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Adult Swim |
Na rede | |
http://www.adultswim.com/videos/rick-and-morty/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rick and Morty é unha serie de televisión estadounidense de animación creada por Justin Roiland e Dan Harmon para Adult Swim. A serie segue as desventuras dun científico, Rick, e o seu facilmente influenciable neto, Morty, quen pasan o tempo entre a vida doméstica familiar e as viaxes espaciais intergalácticos. Roiland é o encargado de darlle voz aos dous personaxes principais, tamén inclúe as voces de Chris Parnell, Spencer Grammer, e Sarah Chalke.
As orixes da serie atópanse nunha curtametraxe rudimentaria animada por Roiland para o festival de cine Channel 101, chamado Doc and Mharti, unha parodia dos principais protagonistas de Back to the Future. NBC despediu a Harmon por discusións entre el e os executivos da serie Community, e entón Roiland e Harmon desenvolveron unha serie baseada na película recentemente publicada.
Sinopse
Rick Sánchez é a definición exacta de "científico tolo". É alcohólico, un xenio, é irresponsable, un pouco depresivo e é egoísta. Rick acaba de mudarse a casa da súa filla Beth e alí lembra que ten un neto chamado Morty. Sen preguntar a ninguén, decide que lle vai a obrigar a acompañarlle a todo tipo de aventuras para que o mozo vólvase intelixente como el e non se converta nun idiota como Jerry, pai de Morty e xenro de Rick. Así, Rick e Morty comezan a vivir aventuras interdimensionais grazas á súa pistola de portais coa que pode acceder a infinitas dimensións, malia que a familia non quere que o sigan facendo. Aos poucos teñen que tentar atopar un equilibrio entre a súa vida familiar e as súas viaxes a través do espazo e por distintas realidades paralelas, algo que non é fácil para o pequeno Morty que é incapaz de ter unha vida normal á marxe do seu avó.
Escritura
A fórmula xeral en Rick and Morty consiste na contraposición de dous escenarios que conflúen. Por unha banda móstranse as aventuras que vive un avó extremadamente egoísta e alcohólico polo vasto e descoñecido do espazo intergaláctico e/ou interdimensional, o cal arrastra ao seu neto para que o acompañe nas viaxes. Estas aventuras intercalanse en cada episodio con dramas domésticos familiares máis propios do xénero sitcom.[1][2] Dan Harmon describe esta fusión de ciencia ficción e ambiente familiar como unha mestura de influenzas entre as dúas obras de Matt Groening: Os Simpson e Futurama.[3] Por outro lugar, o coautor Justin Roiland comunicou a intención dos creadores de que a serie excedese a continuidade tradicional na televisión, optando así por storylines descontinuas, «non fixadas por regras». Roiland describe cada episodio como «[o seu] propio punto de vista».
Lista de temporadas
Temporada | Episodios | Inicio* | Final* |
---|---|---|---|
1 | 11 | 2 de decembro de 2013 | 14 de abril de 2014 |
2 | 10 | 26 de xullo de 2015 | 4 de outubro de 2015 |
3 | 10 | 1 de abril de 2017 | 1 de outubro de 2017 |
*Datas nos Estados Unidos
Notas
- ↑ Sepinwall, Alan (24 de marzo de 2014). "Dan Harmon interview, part 3: ‘Rick and Morty’, HitFix (en inglés)
- ↑ Czajkowski, Elise (12 de novembro de 2013). "Dan Harmon’s ‘Rick and Morty’ Premieres on Adult Swim on Dec. 2". Vulture.com (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2019.
- ↑ Evans, Bradford (2 de decembro de 2013). "Talking to Dan Harmon and Justin Roiland About Their New Adult Swim Show, ‘Rick and Morty". Vulture.com (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2014.