Rita de Cascia

Santa Rita de Cascia
Santa Rita.
Biografía
Nacemento1381 en Roccaporena, Perugia
Pasamento22 de maio de 1457 en Cascia, Perugia
Proceso de canonización
Canonización24 de maio de 1626
Veneración
Venerado/a enIgrexa Católica e filipina
Festividade22 de maio
Santuario principalCascia, Italia
Patrón/a deCausas perdidas, doentes, feridos, problemas maritais, abusos e nais

Rita de Cascia, nada en Roccaporena (Perugia) en 1381 e finada en Cascia o 22 de maio de 1457, foi unha relixiosa italiana e unha das santas máis populares da Igrexa católica.[1] O seu nome é probablemente unha abreviación de Margherita. Os seus símbolos representativos son as rosas e os figos.

Traxectoria

Rita naceu na aldea de Roccaporena, cinco quilómetros ó oeste da vila de Cascia (provincia de Perugia, rexión de Umbría). Naceu de pais maiores, e foi bautizada co nome de Margherita Lotti.

A pesar de que quería ser monxa, cando tiña 14 anos de idade os seus pais casárona cun home da vila, chamado Paolo Mancini.[2] Tiveron dous fillos mellizos, Jacobo e Paolo. Un día Mancini foi emboscado e asasinado.

Unha vez viúva, Rita pediu a admisión ao mosteiro das agostiñas de Santa María Madalena, en Cascia (estabelecido en 1256). Pero non foi aceptada debido a que só se permitían virxes. Un ano máis tarde (1417) tamén morreron os seus dous fillos púberes. Sen obrigacións familiares, Rita foi aceptada no convento, recibiu os hábitos de monxa, e máis tarde realizou a súa profesión de fe. Tiña 36 anos. No convento, Rita entregouse a unha vida de oración e penitencia.

Morte

Corpo incorrupto de Santa Rita situado na Basílica de Santa Rita en Cascia, Italia.

Rita morreu no convento agustiniano o 22 de maio de 1457 á idade de 76 anos. A xente agrupouse no lugar para amosar os últimos respectos ó seu cadáver, que emitía unha intensa fragrancia doce (coma se fose embalsamado). O seu corpo consérvase até o presente (aínda que moi deshidratado). Empezaron a correr rumores de que por intercesión da monxa, sucedían curacións milagrosas. Así a devoción cara a Rita estendeuse por toda Italia.

Notas

  1. Chiron, Yves. La verdadera historia de santa Rita: abogada de las causas perdidas. Ediciones Palabra. ISBN 978-84-8239-788-7. Sin discusión, santa Rita es una de las santas más veneradas en el mundo entero; "la santa más popular junto a san Antonio de Padua" ha declarado Juan Pablo II. 
  2. midwestaugustinians.org.