Robert Dozier
San-en NeoPhoenix – No. 2 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 6 de novembro de 1985 (38 anos) Lithonia Xeorxia |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Liga | B.League |
Información da carreira | |
Instituto | Lithonia (Lithonia, Georgia) Laurinburg Institute (Laurinburg, North Carolina) |
Universidade | Memphis (2005–2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 2 / Elección: 60 Por Miami Heat |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
Kolossos Rodou BC (2009–2010) |
Robert Lorenzo Dozier, Jr., nado en Lithonia (Xeorxia) o 6 de novembro de 1985, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no San-en NeoPhoenix da B.League xaponesa.
Traxectoria
Na tempada 2007-08, Dozier xogou de titular en todos os 99 partidos cos Memphis Tigers, xunto a xogadores que xogarían despois na NBA, coma Derrick Rose, Chris Douglas-Roberts e Joey Dorsey. Foi parte do éxito dos Tigers no ano 2008, que rematou coa derrota ante os Kansas Jayhawks na final do torneo da NCAA de 2008
Dozier foi o último xogador elixido (60ª posición) do Draft da NBA de 2009, polos Miami Heat.[1] Despois asinou un contrato co Kolossos Rodou BC da liga grega.[2] En novembro de 2010, asinou co PAOK Tesalónica BC.[3]
Notas
- ↑ NBA.com HEAT Select Robert Dozier in The 2009 NBA Draft.
- ↑ Kolossosbc.gr Ο Ρόμπερτ Ντόζιερ στον Κολοσσό
- ↑ "PAOK BC: Dozier in, Sims out". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2011. Consultado o 06 de xuño de 2011.