Roberto Rodríguez Araya
(2015) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1990 (34 anos) Zürich, Suíza | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Challenge League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Ricardo Rodríguez Francisco Rodríguez Araya |
Roberto Rodríguez Araya, nado en Zürich o 28 de xullo de 1990, é un futbolista suízo, de orixes galega e chilena. Xoga de centrocampista no FC Schaffhausen.
É o irmán máis vello dos futbolistas Ricardo e Francisco Rodríguez.
Traxectoria
Naceu en Zürich, sendo fillo de José Manuel Rodríguez, un emigrante galego de Crecente, e de Marcela, unha chilena de Viña del Mar.[1][2] Criouse na canteira do Grasshopper e no 2009 fichou polo FC Wil, da Challenge League (segunda división do fútbol suízo). Xogou logo dous anos no AC Bellinzona e outros dous no FC St. Gallen, debutando con este último na Super Liga suíza e na UEFA Europa League, ata que no 2015 saíu por primeira vez a un equipo estranxeiro, fichando polo Novara Calcio da Serie B italiana. Na segunda parte da súa campaña en Italia foi cedido ao SpVgg Greuther Fürth, da segunda división alemá.
Na tempada 2016/17 fichou polo FC Zürich da súa cidade natal. Converteuse rapidamente nun fixo das aliñacións do equipo e acadou o ascenso á máxima categoría esa mesma tempada. No 2018 conquistou a Copa de Suíza tras derrotar na final ao Young Boys.[3]
No mercado invernal da tempada 2018/19 marchou de novo a Alemaña, para xogar no KFC Uerdingen 05, da terceira división. No 2020 regresou a Suíza, fichando xunto a seu irmán Francisco polo FC Schaffhausen.[4][5]
Palmarés
FC Zürich
- Copa de Suíza (1): 2017/18.
- Challenge League (1): 2017/18.
Notas
- ↑ Gómez, Pablo (23 de novembro de 2009). "«Es un orgullo para Suiza que seamos hijos de emigrantes»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ Bernardo, J. (8 de abril de 2016). "Sangre gallega para batir a Navas". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "Final da Copa de Suíza 2018". soccerway.com (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2021.
- ↑ "Rodriguez-Brüder verstärken den FC Schaffhausen" (en alemán). 9 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2021. Consultado o 18 de maio de 2021.
- ↑ "FC Schaffhausen holt gleich zwei Rodriguez-Brüder" (en alemán). 9 de setembro de 2020. Consultado o 18 de maio de 2021.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Datos do xogadorno sitio web oficial do FC St. Gallen. (en alemán). Arquivado dende o orixinalArquivado 17 de xullo de 2018 en Wayback Machine..
- Datos do xogador en Soccerway (en castelán).