Roberto III de Escocia
Roberto III nado en 1340 e finado o 4 de abril de 1406. Rei de Escocia entre 1390 e 1406.
Traxectoria
Primeiros anos
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b9/Robert_III_and_Annabella_Drummond.jpg/220px-Robert_III_and_Annabella_Drummond.jpg)
Foi o primoxénito do rei Roberto II de Escocia e Elizabeth Mure.
No 1368 o rei David II de Escocia, nomeouno duque de Carrick e comezou a formar parte do goberno do reino a partir de 1387, cando unha patada de cabalo incapacitouno. Probablemente a consecuencia deste accidente o seu irmán Roberto Estuardo, conde de Fífe, e non el, o Príncipe herdeiro, fíxose garda do reino no1389; pero só subiu ao trono trala morte do seu pai en maio de 1390.
Rei de Escocia
Cambiou o seu nome de pía, Xoán, impopular naquel tempo por recordar a Xoán de Balliol, polo de Roberto. Foi coroado en agosto de 1390 como Rei Roberto III de Escocia. Aínda que probablemente asistira a varios parlamentos, o novo rei foi so visto nominalmente como o xefe de Escocia, posto que o verdadeiro poder encontrábase en mans do seu irmán Roberto.
Morreu no Castelo de Rothesay en 1406.
Foi sucedido polo seu fillo Xacobe.
Matrimonio
En 1367, Roberto III de Escocia casou con Anabella Drummond, filla de Sir John Drummond de Stobhall e de María Montifex. Desta unión naceron:
- David Estuardo (¿? - 1402), duque de Rothesay (herdeiro ao trono escocés).
- Xacobe Estuardo (1394 - 1437).
Predecesor: Roberto II |
![]() Rei de Escocia 1390 - 1406 |
Sucesor: Xacobe I |