Rocco e os seus irmáns
Rocco e os seus irmáns | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rocco e i suoi fratelli |
Director | Luchino Visconti |
Produtor | Goffredo Lombardo |
Guión | Luchino Visconti Suso Cecchi D'Amico Pasquale Festa Campanile Massimo Franciosa Enrico Medioli |
Baseado en | Il ponte della Ghisolfa de Giovanni Testori |
Intérpretes | Alain Delon Annie Girardot Renato Salvatori Katina Paxinou Roger Hanin Spiros Focás Paolo Stoppa Suzy Delair Claudia Cardinale |
Música | Nino Rota |
Fotografía | Giuseppe Rotunno |
Montaxe | Mario Serandrei |
Estudio | Titanus Les Films Marceau |
Distribuidora | Titanus (Italia) Marceau-Cocinor (Francia) |
Estrea | Venecia: 6 de setembro de 1960 12 de febreiro de 2022 (TVG) |
Duración | 177 minutos |
Orixe | Italia Francia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Rocco e os seus irmáns[1] (italiano: Rocco e i suoi fratelli) é un filme franco-italiano de 1960 dirixido por Luchino Visconti e protagonizado por Alain Delon, Annie Girardot, Renato Salvatori, Katina Paxinou, Roger Hanin, Paolo Stoppa e Claudia Cardinale, nun dos seus primeiros papeis. Ambientado no Milán de 1960, conta a historia dunha familia migrante do sur de Italia e a súa desintegración na sociedade do norte industrial.
Estreouse en galego o 12 de febreiro de 2022 na TVG.[2]
Argumento
A historia comeza cando Rosaria Parondi, fuxindo da miseria de Lucania, a súa terra natal, chega con catro dos seus fillos ao moderno Milán para reunirse co seu fillo maior Vincenzo. Os cinco irmáns, Vincenzo, Simone, Rocco, Ciro e Luca loitan de formas diferentes por intentar adaptarse á impersoal sociedade dunha gran cidade.
A historia xira arredor da relación de Simone e Rocco, que desexan a mesma muller, Nadia, unha prostituta, e dos intentos de Simone de procurar a fortuna por medio do boxeo.
Personaxes
- Alain Delon como Rocco Parondi
- Annie Girardot como Nadia
- Renato Salvatori como Simone Parondi
- Katina Paxinou como Rosaria Parondi
- Roger Hanin como Duilio Morini
- Spiros Focás como Vincenzo Parondi
- Claudia Cardinale como Ginetta
- Paolo Stoppa como Tonino Cerri
- Max Cartier como Ciro Parondi
- Rocco Vidolazzi como Luca Parondi
- Alessandra Panaro como Franca
- Suzy Delair como Luisa
- Claudia Mori como Raffaella
- Adriana Asti como Giannina
- Nino Castelnuovo como Nino Rossi
- Corrado Pani como Ivo
- Renato Terra como Alfredo
- Biagio Gambini como Renzo
- Enzo Fiermonte como boxeador
Notas
- ↑ AntRubal (ed.). "Rocco e os seus irmáns en galego na TVG". Consultado o 18 de xaneiro de 2023.
- ↑ Programación da TVG o 12-02-2022