"Rockin' Robin" é unha canción escrita por Leon René baixo o alcume de Jimmie Thomas e gravada por Bobby Day en 1958. Foi o único gran éxtio de Day, converténdose no número dous da Billboard Hot 100 e manténdose durante unha semana no máis alto das listas de R&B.[3]
Michael Jackson gravou e estreou unha versión de "Rockin' Robin" en 1972, que foi incluída no seu álbum en solitario Got to Be There. Foi o maior éxito do álbum, conseguindo o número un da lista musical de Cash Box, e o número dous na Billboard Hot 100.