Roger Martin du Gard
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1881 Neuilly-sur-Seine, Francia |
Morte | 22 de agosto de 1958 (77 anos) Château du Tertre, Francia (en) |
Lugar de sepultura | Cimetière de Cimiez (en) |
Residencia | Château du Tertre (en) |
Educación | Liceo Condorcet Escola do Louvre École des chartes (pt) Lycée Janson de Sailly |
Tese académica | Étude archéologique des ruines de l'abbaye de Jumièges (Seine-Inférieure) (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, arquiveiro, dramaturgo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Hélène Foucault |
Premios | |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Roger Martin Du Gard, nado en Neuilly-sur-Seine o 23 de marzo de 1881, finado en Bellême, Orne o 22 de agosto de 1958, foi un novelista francés.
Traxectoria
Nacido nunha familia acomodada, de avogados e maxistrados, a súa situación permitiulle dedicarse á literatura. De vocación literaria precoz, foi consciente dela tras ler a novela de Lev Tolstoi, A guerra e a paz. Para intentar consolidar a súa vocación de novelista, iniciou estudos de Letras, aínda que non os rematou. Presentouse logo á unha oposición da École des chartes, obtendo a praza de arquiveiro-paleógrafo, cunha tese sobre a abadía de Jumièges.
En 1908 publicou a súa primeira novela Devenir. Tras a publicación en 1913 de Jean Barois, na que Martin du Gard abordou o caso Dreyfus, trabou amizade con André Gide e Jacques Copeau.
Participou como soldado na primeira guerra mundial. Cando esta rematou, empezou a redacción da que foi a súa obra magna: a saga de Les Thibault. Nela non trata de demostrar nada. Non xulga nin condena: mostra ás veces de modo demasiado fragmentario a evolución da relixión contemporánea, como o feito da separación entre a Igrexa e o Estado Francés en 1905.
Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1937. A partir dese momento a súa obra deixou de ser considerada relevante por parte da crítica, até que Albert Camus a volveu reivindicar.
Pode considerarse un herdeiro da novela realista tradicional do século XIX; mais a certeza das súas descricións, os seus detalles narrativos e a penetración psicolóxica que fai dos seus personaxes, fan que non se poida cualificar como un escritor falto de innovación e forza.
Pasou a maior parte da segunda guerra mundial en Niza. Alí empezou a elaborar unha novela que quedou inconclusa, Le Lieutenant-colonel de Maumort, que se publicou postumamente. Esta publicación, ao igual que outras que tamén foron póstumas (correspondencia, diario, relatos curtos) fai máis complexa a figura dun escritor que se reivindicou a si mesmo como novelista.
Obra
Véxase tamén
Bibliografía
- Charles Möeller. Editorial Gredos, ed. Literatura del siglo XX y cristianismo (Tomo II). ISBN 978-84-249-3341-8.