Ron Mercer
Posición | Ala / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 18 de maio de 1976 (48 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Goodpasture Christian (Madison, Tennessee) Oak Hill Academy (Mouth of Wilson, Virginia) |
Universidade | Kentucky (1995–1997) |
NBA Draft | 1997 / Rolda: 1 / Elección: 6 Por Boston Celtics |
Carreira | 1997–2005 |
Historial de equipos | |
Boston Celtics (1997–1999) Denver Nuggets (1999–2000) Orlando Magic (2000) Chicago Bulls (2000–2002) Indiana Pacers (2002–2003) San Antonio Spurs (2003–2004) New Jersey Nets (2004–2005) |
Ronald Eugene Mercer, nado o 18 de maio de 1976 en Nashville, Tennessee, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
Mercer foi seleccionado na 6ª posición do Draft da NBA de 1997 polos Boston Celtics. Tras dúas tempadas en Boston, foi traspasado ós Denver Nuggets xunto a Popeye Jones e Dwayne Schintzius, a cambio de Danny Fortson, Eric Williams, Eric Washington e unha futura elección do Draft. Na tempada 1999–2000 xogou 37 partidos cos Nuggets antes de ser traspasado ós Orlando Magic.
Para a tempada 2000–01, Mercer asinou cos Chicago Bulls, onde acadou 19.7 puntos por encontro na súa primeira tempada. Malia levar 16.8 puntos por partido, foi traspasado á metade da tempada seguinte xunto a Brad Miller, Ron Artest e Kevin Ollie ós Indiana Pacers, a cambio de Jalen Rose, Travis Best, Norman Richardson e unha elección da segunda rolda do Draft.
Antes do comezo da tempada 2003–04, foi traspasado ós San Antonio Spurs nun traspaso entre tres equipos.[1] Foi cortado polos Spurs tras xogar 39 partidos.[2]
Antes da tempada 2004–05, Mercer asinou cos New Jersey Nets.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 01 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)