Rubén Ruibal
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 ![]() Ribadeo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo, actor de teatro ![]() |
Premios | |
![]() ![]() |
Rubén Ruibal Armesto, nado en Ribadeo en 1970, é un actor e autor teatral galego.
Traxectoria
Formouse xunto ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño co que colaborou na compañía Teatro do Aquí en obras como A ópera de a patacón (1994) ou Rastros (1998). No ano 2000 crea, xunto con Carlos Losada, a compañía Teatro Cachuzo, que leva ás táboas as súas primeiras obras Fume (2000) e Nunca durmo, de Erik Cachuzo (2003).
Tras a morte de Vidal Bolaño en 2002, e o feche de Teatro do Aquí, cesa a súa actividade teatral sobre as táboas e céntrase en escribir. Traffic: arroz mubi (2004) e ¡Triumfadores! (2005) foron representadas por Patatín & Patatán Superproductions.
A obra Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) foi levada no 2010 aos escenarios por Espello Cóncavo, baixo a dirección de Arturo López, e o seu texto recibiu tamén o Premio María Casares ó mellor texto orixinal en 2011. Está prevista a adaptación cinematográfica da obra.[1]
Actualmente é o coordinador da Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña.
Obra literaria
Teatro
- Limpeza de sangue, 2006, Xerais.
- Fume, con Carlos Losada, e Insomnio, 2008, Estaleiro.
- Delimvois, 2009, Xerais.
- ¿Onde andas, Karl? ou Highgate Cemetery Very Saddest Circus (Tristérrimo Circo do Cemiterio de Highgate), 2009, Edicións Embora.
Obras colectivas
- III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, 2009, Xerais.
- Estigma, 2009, Laiovento. Con Jacobo Paz e Vanesa Sotelo.
- A néboa amarela (Black Diamond Bay), 2010, Biblos Clube. Con César Candelas.
- Premios Terras de Chamoso (2007-2009), 2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
Premios
- Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais en 2005, por Limpeza de sangue.
- Premio Nacional de Literatura Dramática en 2007, por Limpeza de sangue.
- Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega no 2008, por Peter Buckley, un firme traballador da derrota. Con César Candelas.
- Premio de Teatro da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2010, por Delimvois.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Notas
- ↑ "Filmanova levará ao cine a obra Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal". Consultado o 2021-04-03.