Rudkøbing
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado federado | Dinamarca | |||
Rexión | Dinamarca do Sul (pt) ![]() | |||
Concello | Langeland Municipality (en) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Xeografía | ||||
Altitude | 10 m ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Rudkøbing é unha pequena cidade danesa que é a capital da illa e do municipio de Langeland. En 2018 tiña 4 671 habitantes,[1] cunha densidade de poboación nese ano de 16 hab./km2.
Xeografía
Situada a unha altitude de 10 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 291,21 km². É unha cidade cun porto pesqueiro, comercial e deportivo.
Demografía
Gráfica de evolución demográfica de Rudkøbing entre 1976 e |
![]() |
Historia
Rudkøbing se nomea por primeira vez nun documento do ano 1287 como Rudkiøbing. Crese que o nome orixinal do lugar era Rutha, co significado de "lugar aberto" ou "lugar despexado", mentres que a terminación -købing indica unha localidade con privilexios comerciais. A súa fundación é seguramente máis antiga.
Pol súa situación no centro e na costa oeste de Langeland, Rudkøbing pronto destacou como o principal sitio comercial da illa e como porto de saída das mercadorías. A cidade nunca foi moi grande, debido ao limitado tamaño da illa e ao comercio ilegal que imperou até o século XVII.
Rudkøbing naceu como unha cidade mercado medieval na que non houbo un gran desenvolvemento industrial posterior. Por iso que aínda poden encontrarse rúas empedradas e estreitas canellas das antigas granxas e mercados.
Durante as guerras entre Dinamarca e Suecia no século XVII, Rudkøbing foi fortificada pero, a pesar diso, padeceu severos danos. Pouco despois de finalizada a guerra de 1658-1660 a súa poboación non chegaba aos 500 habitantes. A finais dese século Rudkøbing recuperou certa actividade comercial grazas á mellora do seu porto.
A mediados do século XIX construíuse un novo porto e melloraron os camiños entre a cidade e as zonas rurais da illa. O comercio tamén se beneficiou coa chegada dos barcos de vapor. A industrialización chegou a Rudkøbing en 1845 e tivo certo crecemento até o século XX, pero nunca tivo demasiada forza.
O ferrocarril de Langeland inaugurouse en 1911. A poboación medrou de maneira constante e, a finais do século XIX, alcanzou os 3 500 habitantes, pero a partir da década de 1920 o crecemento foi bastante máis modesto e con altibaixos. Este crecemento limitado fixo que o centro da cidade conserve as súas características antigas. O turismo ten unha importancia crecente na economía, ao que contribuíu a inauguración en 1960 da ponte de Langeland, principal vía de acceso a illa desde o resto do país, que conecta con Tåsinge e coa illa de Fionia. Hai así mesmo conexións por ferri con Lolandia, Ærø e Strynø.
En 1970 creouse o municipio de Rudkøbing e, en 2007, este fusionouse cos outros dous municipios da illa para integrar o municipio de Langeland, do que Rudkøbing é a súa capital desde entón.
Galería
-
Centro da cidade
-
Igrexa de Rudkøbing
-
Porto pesqueiro
-
Estaleiro de Rudkøbing
-
Ponte de Langeland
-
Monumento a Anders Sandoe Oersted, nacido na cidade
Notas
- ↑ "Instituto de Estatística de Dinamarca". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2017. Consultado o 23 de agosto de 2020.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- "Departamento de Estatística de Dinamarca" (en danés). Consultado o 23 de xullo de 2020.
- Den Store Danske. "Rudkøbing" (en danés). Consultado o 23 de xullo de 2020.
- Dansk Center for Byhistorie (Centro Danés para a Historia Urbana). "Danmarks Købstæder: Rudkøbing" (en danés). Consultado o 23 de xullo de 2020.