Século IV

século III < século IV > século V

Hemisferio Oriental a comezos do século IV d.C.
Hemisferio Oriental a finais do século IV d.C.

Período de tempo dende o ano 301 ata o ano 400 despois de Cristo.

Acontecementos importantes

Europa

Oriente

Asia

América

  • 378: Siyaj K'ak' conquista Waka o 8 de xaneiro, Tikal o 16 de xaneiro e Uaxactun.

Personaxes destacadas

Política

  • Alarico I (370 - 410): rei visigodo que levou a cabo o saqueo de Roma no 410.
  • Arbogastes (m. 394): soldado romano de orixe bárbara que serviu como magister militum a Valentiniano I.
  • Chandragupta I (319 - 335): rei da dinastía Gupta.
  • Constancio II (317 - 361): emperador romano, fillo de Constantino o Grande.
  • Constancio I Cloro (250 - 306): emperador romano e pai de Constantino o Grande.
  • Constantino I o Grande (272 - 337): emperador romano, considerado o primeiro emperador romano cristián.
  • Estilicón (359 - 408): soldado romano de orixe bárbara.
  • Eugenio (c. 345 - 394): emperador usurpador romano.
  • Fritixerno (m. 380): rei dos visigodos, coñecido por derrotar ao emperador Valente na batalla de Adrianópolis.
  • Graciano o Mozo (359 - 383): emperador romano, coñecido por ser o primeiro en rexeitar os atributos pagáns do seu cargo.
  • Xuliano II (332 - 363): emperador romano, coñecido como Xuliano "o Apóstata".
  • Magnencio (303 - 353): emperador usurpador romano.
  • Magno Clemente Máximo (355/340 - 388): emperador usurpador romano.
  • Maxencio (c. 278 - 312): emperador romano.
  • Shapur II (309 - 379): gobernante do Imperio sasánida.
  • Teodosio I o Grande (347 - 395): emperador romano, estableceu o cristianismo como relixión oficial do Imperio romano e á súa morte dividiuno entre os seus dous fillos.
  • Valente (328 - 378): emperador romano.
  • Valentiniano I (321 - 375): emperador romano.
  • Valentiniano II (371 - 392): emperador romano.

Filosofía e literatura

  • Amiano Marcelino (ca. 330-ca. 395/400): historiador romano.
  • Ausonio (310 - 395): poeta e retórico romano.
  • Avieno (?): autor da obra Ora marítima.
  • Claudio Claudiano (370 - 405): poeta romano.
  • Eusebio de Cesarea (ca. 263–339): bispo de Cesárea e autor da Historia Eclesiástica.
  • Faltonia Betitia Proba (ca. 306/315-ca. 353/366): poetisa romana.
  • Guo Pu (276 - 324): escritor chinés.
  • Iámblico de Calcis (245/246/250 - 320): filósofo grego, seguidor do neoplatonismo.
  • Kumārajīva (344 - 413): tradutor e escritor hindú indio.
  • Lactancio (c. 245 - c. 325): escritor e apoloxista latino de orixe africana.
  • Temistio (c. 317 - c. 388): filósofo e político romano de orixe grega.
  • Ulfilas (310 - 388): bispo e tradutor de orixe gótica.

Relixión

  • Acisclo (m. 313): mártir e santo hispanorromano.
  • Ambrosio de Milán (340 - 397): teólogo e arcebispo de Milán.
  • Ario (250/256 - 336): relixioso cuxas doutrinas inspiraron o arianismo.
  • Basilio o Grande (330 - 379): santo e bispo de Cesarea.
  • Fa Xian (337 - 422): monxe e peregrino budista de orixe chinesa.
  • Gregorio Nacianceno (329 - 389): teólogo e arcebispo de Constantinopla.
  • Helena: emperatriz romana, nai de Constantino o Grande e santa.
  • Xerome de Estridón (c. 340 - 420): santo e tradutor, considerado un dos Pais da Igrexa.
  • Xoán Crisóstomo (347 - 407): patriarca de Constantinopla e considerado como un dos Pais da Igrexa.
  • Leocadia (m. 303/305): virxe e mártir hispanorromana.
  • Martiño de Tours (316 - 397): bispo, patrón e santo galorromano.
  • Nicolao de Mira (c. 270 - c. 350): bispo e santo.
  • Osio de Córdoba (256 - 357): bispo de Córdoba e conselleiro do emperador Constantino I o Grande.
  • Prisciliano (c. 340 - 385): bispo hispanorromano, precursor da herexía do priscilianismo.

Invencións, creacións e descubrimentos

  • Principios do século IV: constrúese a antiga sala de audiencias coñecida agora como a Basílica de Tréveris, Alemaña.
  • O estribo foi inventado na China, non máis tarde do ano 322.
  • Constrúese o piar de ferro de Delhi, na India, é o primeiro piar de ferro do mundo.
  • As funcións trigonométricas seno e verseno orixináronse na astronomía india.
  • Codex Sinaiticus e Codex Vaticanus Graecus 1209, son as primeiras biblias cristiás.
  • Escríbese o Liber graduum, discursos relixiosos siríacos.
  • Mediados do século IV: elabórase o prato de Mildenhall, Inglaterra. Agora consérvase no Museo Británico de Londres.
  • Mediados do século IV: Wang Xizhi fai unha parte dunha carta do álbum Feng Ju. Período das seis dinastías. Agora consérvase no Museo do Palacio Nacional, Taipei.
  • Finais do século IV: faise Cubiculum de Leonis, Catacumba de Commodilla, preto de Roma.
  • Finais do século IV: engádese un atrio na antiga basílica de San Pedro, Roma.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.