Səbinə Əliyeva
![]() (2020) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1980 ![]() Bakú, Azerbaidján ![]() |
Educación | Facultade de Dereito da Universidade Estatal de Bakú ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xurista ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Siyavush Novruzov ![]() |
Pais | Yashar Aliyev ![]() ![]() |
Premios | |
Səbinə Yaşar qızı Əliyeva, nada en Bakú o 7 de maio de 1980, é unha xurista azerí, valedora de Azerbaidján.
Traxectoria
Filla do médico e político Yaşar Əliyev e da dentista pedriática Rəna Əliyeva.[1] Estudou dereito na Universidade Estatal de Bakú entre 1996 e 2000 e tras graduarse entrou a traballar no Tribunal Constitucional e asemade realizou estudos de posgrao en dereito público na súa alma máter. Entre 2009 e 2012 realizou estudos de relacións internacionais na Academia da Administración Pública de Azerbaidján. En 2016 doutorouse[2] cunha tese sobre relacións internacionais e dereitos humanos. O 29 de novembro de 2019 a Asemblea Nacional elixiuna Comisionada para os Dereitos Humanos (valedora) de Azerbaidján entre os tres candidatos que presentara o presidente da República de Azerbaidján.
Notas
- ↑ "Яшар Алиев: Когда мою дочь избрали омбудсменом, не смог сдержать слёз радости". Massa. 2 de decembro de 2019.
- ↑ "Новый омбудсмен Азербайджана: кто она? - ДОСЬЕ". Oxu. 29 de novembro de 2019.