STS-120
STS-120 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-120 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 23 de outubro de 2007, 15:38GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 15,10 días[6] |
Obxectivo da misión | Construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 7 de novembro de 2007[6] |
NSSDC ID | 2007-050A |
STS-120 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 23 de outubro de 2007 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
STS-120, con sete astronautas a bordo (seis americanos e un italiano, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada pola comandante Pamela A. Melroy, o piloto George D. Zamka, o enxeñeiro de voo Daniel M. Tani e os especialistas de misión Douglas H. Wheelock, Scott E. Parazynski, Stephanie D. Wilson e Paolo Nespoli.[3][5][6][7]
O Discovery levou o módulo Harmony á estación e moveu a viga P6 ata a súa localización definitiva. A misión tiña que engalar en febreiro de 2004, pero o desastre da misión STS-107 a pospuxo varios anos. O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 7 de novembro de 2007.[3][5][6][7]
Notas sobre a tripulación
Pamela Melroy foi a segunda muller en comandar un transbordador espacial, despois de Eileen Collins, e a terceira muller seleccionada como piloto do transbordador (Susan Still Kilrain, deixou a NASA sen comandar ningunha misión).[8] Adicionalmente, Peggy Whitson, dirixiu a tripulación Expedición 16 da ISS que acollerá á STS-120, foi a primeira comandante feminina da ISS.[9] A STS-120 e a Expedición 16 é a primeira vez que dúas comandantes están en órbita ao mesmo tempo.[10]
Notas
- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 120" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 20 February 2008 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (08-52098(S)). 18 de marzo de 2008: 2. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 120" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS 120 / ISS 10A" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-120" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 NASA (2 de abril de 2008). "STS-120" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2021.
- ↑ Tariq Malik. "NASA Names Second Female Shuttle Commander". Space.com (en inglés). Consultado o 2021-04-10.
- ↑ Tariq Malik. "Space Station Astronauts Prepare for Crew Swap". Space.com (en inglés). Consultado o 2021-04-10.
- ↑ "History In Space: 2 Women Commanders - Orlando News Story - WKMG Orlando". web.archive.org. 2008-06-02. Archived from the original on 02 de xuño de 2008. Consultado o 2021-04-10.