STS-67
STS-67 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-67. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 2 de marzo de 1995, 6:38 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 16,63 días[6] |
Obxectivo da misión | Observacións astronómicas co observatorio Astro-2.[3][6] |
Regreso | 18 de marzo de 1995[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1995-007A |
STS-67 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 2 de marzo de 1995 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
STS-67, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer observacións astronómicas no ultravioleta mediante o observatorio Spacelab/Astro-2, na bodega de carga do transbordador. A tripulación estaba formada polo comandante Stephen S. Oswald, o piloto William G. Gregory, a comandante de carga Tamara E. Jernigan, os especialistas de misión John M. Grunsfeld e Wendy B. Lawrence e os especialistas de carga Ronald A. Parise e Samuel T. Durrance.[3][5][6][7]
Astro-2 foi a segunda misión dun módulo Spacelab adicado á astronomía. Estaba formado por tres instrumentos para a observación no ultravioleta: HUT, UIT e WUPPE. Durante a misión fixéronse observacións de obxectos do sistema solar, galácticos e extragalácticos. A bordo do transbordador había outros experimentos secundarios, entre eles PCG-TES-03, PCG-STES-02, SAREX-II, MACE, CMIX-03 e MSX.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 18 de marzo de 1995.[3][5][6][7]
Notas
- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 67" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 10 October 1995 from the Alternate Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-58417T). 18 de outbo de 1995: 3. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 67/Astro 2" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-67 - Astro-2" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-67" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 NASA (1 de abril de 2010). "STS-67" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2021.