SWAT
SWAT son as siglas de Special Weapons and Tactics (armas e tácticas especiais), que orixinalmente eran Special Weapons Attack Team (equipo de ataque e armas especiais). O termo fai referencia ás unidades especializadas en intervencións especiais de gran perigo de diversos corpos policiais de Estados Unidos. A creación dos equipos SWAT en 1965 está especialmente ligada ao Departamento de Policía dos Ánxeles e o inspector do momento Daryl F. Gates.
Funcións
As funcións dos equipos SWAT inclúen:
- Rescates con reféns.
- Operacións antidisturbios.
- Creación de perímetro de seguridade contra francotiradores durante as visitas de dignatarios.
- Proporcionar potencia de fogo superior e asalto en determinadas situacións. Por exemplo: grupos atrincheirados en barricadas.
- O rescate dos funcionarios ou cidadáns en perigo por arma de fogo.
- Operacións contra o terrorismo.
- Resolver situacións de alto risco cunha mínima perda de vidas, lesións ou danos á propiedade.
- A estabilización de situacións con suxeitos con alto risco de suicidio.
- A prestación de asistencia durante ordes de detención e ordes de rexistro.
- Proporcionar seguridade adicional en eventos especiais.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Información sobre os SWAT na páxina do Departamento de Policía de Los Angeles Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)