Sabino Acquaviva
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1927 ![]() Padua, Italia ![]() |
Morte | 29 de decembro de 2015 ![]() Padua, Italia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Socioloxía da relixión e socioloxía ![]() |
Lugar de traballo | Padua ![]() |
Ocupación | xornalista, sociólogo, escritor, profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade de Padua ![]() |
Sabino Acquaviva, nado en Padua o 29 de abril de 1927 e finado o 29 de decembro de 2015, foi un sociólogo, xornalista e escritor italiano.
Traxectoria
Foi profesor entre 1967 e 1971 na Universidade de Trento.[1], foi profesor de socioloxía na Universidade de Padua, e director do seu departamento de socioloxía entre 1985 e 1988. Foi colaborador de programas da RAI, entre elas La notte della repubblica de Sergio Zavoli, e mais tamén en xornais e revistas.[2]
Obras
Estudoso da socioloxía da relixión[1], a súa notoriedade débese sobre todo ao libro L'eclissi del sacro nella società industriale.[1] publicado en 1961. Acquavila baseándose en estatísticas internacionais que establecían unha caída na observancia do culto relixioso establecía unha progresiva desaparición do sagrado que matizou en Fine di un'ideologia: la secolarizzazione, obra de 1989 escrita con Renato Stella na que fala da fin do uso máxico do sagrado[3]. Outras das súas obras no campo da socioloxía da relixión son Eros, morte ed esperienza religiosa (1993),Sociologia delle religioni. Problemi e prospettive (1996), Giovani sulle strade del terzo millennio. I giovani degli ostelli: tra pellegrinaggio interiore e turismo culturale (1999) eDio dopo Dio. Diario 1964-2005 (2007).
En 1980 publicou con Gottfried Eisermann, Alto Adige. Spartizione subito? sobre as minorías étnicas no Tirol do Sur, Acquaviva na obra nega a existencia dun grupo étnico plurilingüe nativo e puña en dúbida a eficacia do proxecto de autonomía para a conservación das dúas comunidades.
Sobre os anni di piombo (décadas de 1970 e 1980 en Italia) publicou Guerriglia e guerra rivoluzionaria in Italia (1979), Il seme religioso della rivolta (1979), Sinfonia in rosso (1989).
Sobre socioloxía política escribiu Progettare la felicità (1994) e La democrazia possibile (2002).
Tamén é importante a súa obra sobre os medios de comunicación: Televisione e immagine nel mondo della prima infanzia (1976); La modernizzazione sperata (1978); La montagna del sole: il Gargano (1982); e Social Structure in Italy, Crisis of a System (1976).
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Chi è, Roma, L'Espresso, vol. I, 1986, p. 8.
- ↑ "Biografía Coppia e Famiglia". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 16 de maio de 2012.
- ↑ Roberto Cipriani Sociology of Religion: An Historical Introduction. Aldine (2000), p. 167