Sal Khan

Sal Khan
Nacemento11 de outubro de 1976
Lugar de nacementoMetairie
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts, Harvard Business School, Universidade Harvard, Grace King High School, University of New Orleans e Universidade de Edimburgo
Ocupaciónmestre, emprendedor, escritor, matemático, youtubeiro, produtor de televisión e participante do fórum internacional
PremiosPremio Princesa de Asturias
Na rede
LinkedIn: khanacademy TED: salman_khan Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Salman Amin Khan, nado en Nova Orleáns o 11 de outubro de 1976, é un profesor, informático, enxeñeiro eléctrico e matemático estadounidense, que en setembro de 2006 creou unha organización de aprendizaxe electrónica de educación gratuíta chamada Khan Academy,[1] que produciu máis de 6500 leccións en vídeo sobre diferentes materias académicas, centrándose orixinariamente en matemáticas e ciencias.[2] Recibiu o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional en 2019.[3]

En 2012, a revista Time nomeouno na súa listaxe anual das 100 persoas máis influentes do mundo.[4] O mesmo ano apareceu na portada de Forbes.[5]

Traxectoria

Salman Khan naceu en Luisiana no seo dunha familia bengalí.[6] O seu pai era de Barisal (Bangladesh), e a súa nai era de Murshidabad, Bengala Occidental (India).[6][7] Asistiu á escola pública Grace King High School en Metairie, Louisiana, onde, como lembra, "algúns compañeiros de clase saían do cárcere e outros ía as mellores universidades".[8] Traballou como debuxante no xornal do instituto[9] e graduouse como mellor alumno en 1994.

Khan realizou estudos no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde obtivo se graduou cun Bachelor of Science e un Master of Science no Curso 6 (enxeñaría eléctrica e ciencias da computación) e outro no Curso 18 (matemáticas), en 1998.[10] Foi presidente da clase no seu último ano.[11] Tamén posúe un mestrado en administración de empresas pola Harvard Business School.[12][13]

A idea de Khan Academy xurdiu mentres procuraba a maneira de axudar a súa prima Nadia en 2004.[14][15][16] Cando outros parentes e amigos pediron a súa axuda moveu os seus tutoriais de Yahoo! a YouTube onde creou unha conta o 16 de novembro de 2006.[17] A popularidade dos seus vídeos educativos levouno a abandonar o seu traballo como analista financeiro a finais de 2009.[18]

A Academia é unha organización sen fins de lucro que ten como obxectivo cambiar a educación compartindo coñecementos para calquera persoa en calquera lugar; os recursos da páxina están dispoñibles na súa totalidade de xeito gratuíto.[19]

Vida persoal

Khan está casado coa médica paquistaní Umaima Marvi. A parella vive cos seus fillos en Mountain View, California.[20][21][22]

Notas

  1. TED (marzo de 2011). "Salman Khan: Usemos el video para reinventar la educación". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2011. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  2. "Number of videos". Khan Academy. 
  3. Premio Princesa de Asturias de Cooperación 2019
  4. "Salman Khan – Time 100". Time. 18 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 22 de abril de 2012. 
  5. "$1 Trillion Opportunity". Forbes. 
  6. 6,0 6,1 "Salman Khan". Biography.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2017. Consultado o 20 de xuño de 2017. 
  7. Gear Views (11 de xullo de 2015). "Salman Khan's message: about bangla Khan Academy". YouTube. 
  8. Sengupta, Somini (4 de decembro de 2011). "Khan Academy Blends Its YouTube Approach With Classrooms". The New York Times. Consultado o 24 de marzo de 2014. 
  9. "Tension in an accelerating system and pie in the face". YouTube. Consultado o 2020-06-30. 
  10. Solomon, Ethan A. (6 de decembro de 2011). "Sal Khan Is Commencement Speaker". The Tech. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2020. 
  11. "MIT's Next Commencement Speaker Sal Khan Compares His Alma Mater to Hogwarts". Wired Academic. 7 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de decembro de 2013. 
  12. Marín, Maribel (31 de agosto de 2015). "Un profesor con 26 millones de alumnos. Salman Khan ha agitado el mundo educativo con lecciones en vídeo y ejercicios gratis en internet. Su método cautivó a Google, Bill Gates y Carlos Slim". El País (en castelán) (Madrid). 
  13. Antequera Guerra, Ana Teresa. "Khan Academy: una experiencia de aula en secundaria" (PDF). Números (en castelán) (83): 199–209. ISSN 1887-1984. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de agosto de 2021. Consultado o 13 de decembro de 2020. 
  14. Salman Khan: Let's use video to reinvent education. TED. 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 30 de xuño de 2012. 
  15. cornisa (15 de novembro de 2011). "Aprender gratis en internet: la Academia Khan". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  16. Infobae (9 de setembro de 2010). "El profesor online que conquistó a Bill Gates". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  17. "Khan academy". YouTube. 16 de novembro de 2006. Consultado o 26 de agosto de 2010. 
  18. Sen, Ashish Kumar (28 de xuño de 2010). "Bookmark: The Prof Who Keeps His Shirt On". Outlook India. 
  19. Academia Khan. "Khan Academy". Consultado o 10 de outubro de 2012. 
  20. "Education 2.0: The Khan Academy". Dawn. 26 de abril de 2011. Consultado o 6 de novembro de 2012. 
  21. "Meet Sal Khan, Khan Academy". jointventure.org. Consultado o 28 de agosto de 2015. 
  22. "Salman Khan – Educator". Biography. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2015. 

Véxase tamén

Ligazóns externas