Salamanca, Nova York
Epónimo | José de Salamanca Mayol ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Nova York | |||
Condado | Condado de Cattaraugus ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 5.929 (2020) ![]() | |||
Número de fogares | 2.252 (2020) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 16,150115 km² ![]() | |||
Auga | 3,8773 % (1 de abril de 2010) ![]() | |||
Altitude | 421 m ![]() | |||
Creación | 1870 ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 14779 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 716 ![]() | |||
Sitio web | salmun.com ![]() |
Salamanca (en lingua seneca: Onë:dagö:h),[1] é unha cidade do condado de Cattaraugus, Estado de Nova York, nos Estados Unidos, situada dentro da reserva india Allegany, unha das dúas gobernadas pola Nación Seneca de Nova York. Recibiu o seu nome na honra de José de Salamanca, nobre e político español de mediados do século XIX, debido ás xenerosas doazóns que fixo á comunidade indíxena dos indios Seneca.
Xeografía
Encóntrase na reserva da tribo Seneca, unha das seis tribos da Confederación Iroquesa. ás beiras do río Allegheny, e é adxacente ao Parque Estatal de Alleghany.
Situada a 421 msnm, o municipio ten unha superficie de 16,15 km².
Segundo o censo de 2020 contaba cunha poboación de 5 929 habitamtes, polo que a súa densidae de poboación nese ano era de 950 hab./km².[2]
Poboación nativa
A poboación nativa americana da cidade é aproximadamente un 19 % da total, e non inclúe aos senecas que viven nas aldeas próximas de Jimerson Town (unha das dúas capitais da nación) e Kill Buck.
Historia
A cidade de Salamanca —en inglés, City of Salamanca— foi incorporada en 1913 á municipalidade de Salamanca —en inglés, Town of Salamanca—, que a rodea.
É a única cidade dos Estados Unidos que foi construída en terreos arrendados a unha reserva india. O arrendamento dos Senecas comezou a mediados do século XIX e é efectivo até 2030.[3]
Notas
- ↑ Chafe, Wallace: "English-Seneca Dictionary", p. 141. Consultado o 5 de febreiro de 2022.
- ↑ Dato do U.S. Census Bureau en American Factfinder. Salamanca city, New York Arquivado do orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de febreiro de 2022.
- ↑ Allegany Indian Reservation. The Columbia gazetteer of North America. Columbia University Press, 2000. Arquivado do orixinal o 28 de xuño de 2008. Consultado o 5 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
Bibliografía
- Hogan, Thomas E. (xaneiro de 1974): "City in a Quandary: Salamanca and the Allegany Leases", New York History nº 55.
Ligazóns externas
- Salamanca. Cattaraugus County - New York Geographic Names Information System (en inglés).
- Salamanca Area Chamber of Commerce (en inglés).
- Salamanca (New York) na Encyclopædia Britannica, Volume 24, 1911 (en inglés).