Salgótarján (pronunciado en galego: xal-gou-tar-iaan) é unha cidade con dereitos de condado e capital do condado de Nógrád , no nordeste de Hungría. A vila atópase ós pés da montaña Karancs, nos outeiros Cserhát, 120 km ó nordeste de Budapest, e 70 km ó leste de Miskolc. Salgótarján está arrodeado de fermosos bosques e outeiros e conta cunhas importantes ruínas dun castelo medieval.