Salteña
Salteña | |
Unha salteña lista para comer. | |
Orixe | Bolivia |
Gastronomía | Gastronomía de Bolivia |
Ingredientes | |
Animal | Ovo Polo |
Vexetal | Trigo Azucre Oliva Cebola Pemento |
Condimentos | Comiño Pemento Perexil |
A salteña é un tipo de empanadilla cocida orixinaria de Bolivia. Consúmese principalmente pola mañá e véndese en prazas, rúas e escolas a un prezo moi accesible. Elabóranse cunha masa doce rechea de carne, legumes, patacas e outros ingredientes xunto co caldo de cocción dos mesmos.
Historia
A creación das salteñas tal é como as coñecemos hoxe en día atribúese a dona Juana Manuela Gorriti, orixinaria da provincia de Salta, Arxentina. Quen tivo que fuxir ao exilio coa súa familia durante a ditadura de Juan Manuel de Rosas. Deixou todas as súas posesións atrás e instalouse en Tarija, Bolivia. Durante moitos anos, a familia Gorriti estivo marcada pola pobreza extrema. A desesperación levou á familia a comezar a preparar unhas repostarías ás que chamaban “empanadas tranquilas”.[1]
En Tarija, Manuela era alcumada "A Salteña", pola súa cidade de orixe. Este nome transcendeu ás empanadas que elaboraba e que pouco a pouco gañaban popularidade na cidade, converténdose finalmente nunha tradición. Hoxe en día, este produto pódese atopar nun gran número de puntos de venda de toda Bolivia.[2]
Notas
- ↑ "La Salteña, empanada Boliviana con raíces Argentinas". gastroturismord.com. Consultado o 2023.
- ↑ "La Boliviana FM - Las salteñas bolivianas en la lista de "La mejor comida callejera del mundo"". La Boliviana FM. 2013. Arquivado dende o orixinal o 2014.
Véxase tamén
Outros artigos
- Empanadilla.
- Empanada arxentina.