Sanna Marin

Sanna Marin
Nome completoSanna Mirella Marin
Nacemento16 de novembro de 1985
Lugar de nacementoHelsinqui
NacionalidadeFinlandia
Alma máterUniversity of Tampere, Suupanniitty School e Pirkkalan yhteislukio Silmu
Ocupaciónpolítica e participante do fórum internacional
CónxuxeMarkus Räikkönen
Premios100 Mulleres da BBC, Helmut-Schmidt-Zukunftspreis, Doctor of Humane Letters e Grand Cross of the Order of the White Rose of Finland
Na rede
https://www.sannamarin.net
IMDB: nm4685454 Facebook: MarinSanna Twitter: MarinSanna Instagram: sannamarin Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sanna Mirella Marin, nada o 16 de novembro de 1985 en Helsinqui, é unha política finlandesa que exerce como Primeira ministra de Finlandia 10 de decembro de 2019 até o 20 de xuño de 2023.[1][2] Marin foi a primeira vicepresidenta dos socialdemócratas finlandeses.[3]

Traxectoria

Forma parte do Parlamento de Finlandia desde o ano 2015 e foi Ministra de Transportes e Comunicacións entre o 6 de xuño de 2019 e o 10 de decembro de 2019. Despois de que Antti Rinne deixase o seu cargo como Primeiro ministro,[4] o Partido Socialdemócrata elixiu a Marin como a súa nova candidata o 8 de decembro de 2019. Con 34 anos, Marin converteuse na líder de estado máis nova do mundo nese momento[5] (aínda que o austríaco Sebastian Kurz lle arrebatou o posto ao mes seguinte) e tamén na primeira ministra máis nova do seu país.

Ideoloxía

Marin afirmou que era afín á Alianza de Esquerda e aos Verdes, pero que escolleu o Partido Socialdemócratas polos feitos que lograran ao longo da súa historia; porén, en 2015 criticou o partido porque non tiña feito avances suficientes no eido da igualdade de ingresos durante a década de 2000.[6]

Polémicas

Negociacións pola OTAN

No programa electoral de 2015 Sanna Marin era contraria a solicitar a pertenencia de Finlandia á OTAN. En marzo de 2022 anunciouse que Finlandia e Suecia solicitarían o ingreso na OTAN a raíz da invasión rusa de Ucraína. En maio de 2022 Sanna Marin confirmou que chegaran a un acordo con Turquía para levantar o veto ao ingreso.[7] As cesións incluían a extradición de kurdos e a clasificación do PKK como grupo terrorista.[8]

Vida nocturna

En decembro de 2021 acudiu a un local nocturno despois de ter estado en contacto cun positivo por COVID-19. Marin recoñeceu que tiña actuado de forma errada e que debía ter máis coidado naquela situación.[9]

En agosto de 2022 foi acusada de ter consumido "algún tipo de narcóticos", despois de filtrarse un vídeo na web iltalehti.fi onde aparece cantando e bailando nunha festa privada durante as súas vacacións cun grupo de amigos, entre eles algunhas celebridades finlandesas.[10] A oposición pediu que se realizase un test de drogas, xa que no vídeo se escoita a unha persoa berrar, pero comentouse que poderían ter confundido "jauhojengi" (cocaína en argot) con "jallujengi", unha referencia a un brandy finés chamado Jaloviina.[11] Ela fixo unhas declaracións públicas lamentando a publicación, negando que tivese tomado drogas, "salvo bebidas alcohólicas de baixa gradación" e dicindo que non era nada do que arrepentirse, que era "unha persoa normal" e que esas cousas se dirimen nas votacións das eleccións.[12] Previamente fora acusada de ter saído a un festival sen levar o teléfono gobernamental, pero ela dixo que levara o seu teléfono persoal e que de acontecer calquera urxencia podería ser contactada.[12]

O 23 de agosto de 2022 deuse a coñecer que o test de drogas ao que se sometera deu negativo[13] e deu explicacións sobre unha nova polémica por dúas amigas súas fotografadas beixándose semi-espidas na residencia oficial da Primeira Ministro. Sanna Marin disculpouse pero dixo que en ningún momento a seguridade do Goberno se viu ameazada.[14]

Vida persoal

Os seus pais divorciáronse cando ela aínda era unha nena debido ao alcoholismo do seu pai, entre outras cousas. A familia era traballadora de clase baixa.[15] Despois creceu nunha familia homoparental coa nai e a súa amiga.[16]

Sanna afirmou que é vexetariana.[17] Vive en Tampere co seu marido Markus Räikkönen e a súa filla, nada o 28 de xaneiro de 2018.[18]

Notas

  1. "Eduskunta valitsi Sanna Marinin pääministeriksi". 
  2. "Finland's parliament backs Petteri Orpo as PM, replacing Sanna Marin". Reuters. 20 de xuño de 2023. Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  3. "Ansioluettelo". 
  4. SDP on valinnut: Sanna Marinista tulee Suomen seuraava pääministeri – suora lähetys menossa, Yle seuraa hetki hetkeltä Consultado o 12 de marzo de 2020
  5. ABC News, ed. (11 de decembro de 2019). "Finland's new 34-year-old prime minister to be youngest in the world, backed by all-female leaders". Consultado o 12 de marzo de 2020. 
  6. "Sanna Marin ja demarin tarkoitus: ”Ei ole onnistuttu uudistumaan”". Suomenkuvalehti.fi (en finés). 2015-04-20. Consultado o 2022-08-19. 
  7. Arenales, Aurora Santos-Olmo, María García (2022-06-28). "Sanna Marin celebra que Turquía levante el veto a Finlandia y Suecia para entrar en la OTAN". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-08-19. 
  8. Harding, Thomas (2022-06-29). "Turkey demands PKK extraditions from Sweden and Finland as price of Nato deal". The National (en inglés). Consultado o 2022-08-19. 
  9. "Primeira-ministra da Finlândia dança em festa e sofre crítica; veja o vídeo". MSN (en portugués). Consultado o 2022-08-19. 
  10. "Median tentistä Kesärannan rauhaan – näin Sanna Marinin rankka päivä eteni". www.iltalehti.fi (en finés). Consultado o 2022-08-19. 
  11. "'I've danced, sung, done legal things': Marin defends party video". euronews (en inglés). 2022-08-18. Consultado o 2022-08-19. 
  12. 12,0 12,1 "Sanna Marin, primera ministra de Finlandia, se defiende: "No he consumido drogas"". MSN (en castelán). Consultado o 2022-08-19. 
  13. Archive, View Author; feed, Get author RSS (2022-08-22). "Finnish Prime Minister Sanna Marin’s drug test negative after partying". New York Post (en inglés). Consultado o 2022-08-23. 
  14. EFE (2022-08-23). "Unas fotos de Sanna Marin en una fiesta en su residencia oficial avivan la polémica en Finlandia". La Opinión de Málaga (en castelán). Consultado o 2022-08-23. 
  15. "Suomen uusi pääministeri Sanna Marin, 34, pääsi lukioon rimaa hipoen, kasvoi kahden äidin kodissa eikä uskaltanut ottaa opintolainaa: "En luottanut siihen, että pystyn maksamaan sen takaisin"". mtvuutiset.fi (en finés). 2019-12-10. Consultado o 2022-08-19. 
  16. "uusi-valtuuston-puheenjohtaja-jakoi-nuorena-tamperelaista". www.tamperelainen.fi (en finés). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2022. 
  17. "Yhdessä yössä huomion keskipisteeksi – pääministeri Sanna Marin kertoo erikoishaastattelussa, miltä on tuntunut elämän muuttuminen ja nousu vallan huipulle: ”En ole hyppinyt riemusta”". Satakunnan Kansa (en finés). 2019-12-23. Consultado o 2022-08-19. 
  18. "Kuka Sanna? ; Sanna Marin". www.sannamarin.net. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 2022-08-19. 

Véxase tamén