Santa Marta de Babío, Bergondo
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Babío.
Santa Marta de Babío | |
---|---|
Centro cívico-social de Santa Marta de Babío. | |
Concello | Bergondo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°18′55″N 8°14′43″O / 43.3153, -8.2452 |
Poboación | 301 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Marta de Babío é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 301 habitantes (152 mulleres e 149 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 299 habitantes.
Historia
A parroquia foi sede dunha antiga xurisdición no Antigo Réxime, que xa no século XX deu nome ao condado de Santa Marta de Babío.
Cultura
Topónimo
Babío é un antropónimo prerromano cunha raíz que significa "vitoria". A súa orixe sería previa ao século III.[2][3]
Galería de imaxes
-
Fachada da igrexa.
-
Cruceiro no adro.
-
Cruceiro.
Lugares e parroquias
Lugares de Santa Marta de Babío
Lugares da parroquia de Santa Marta de Babío no concello de Bergondo (A Coruña) | |
---|---|
A Aldea de Arriba | Babío | O Casal | A Costa de Santa Marta | O Curro | O Monte | Soutobravo |
Parroquias de Bergondo
Notas
- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Meméndez de Luarca y Navia Osorio, J. R. (2000). La construcción del territorio. Mapa histórico del Noroeste de la Península Ibérica. Madrid.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
Véxase tamén
Bibliografía
- Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2016). "Santa Marta de Babío" (PDF). A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (41): 11–13.