Santi Comesaña

Modelo:BiografíaSanti Comesaña

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Rayo Vallecano

UEFA: 250188937 Editar o valor en Wikidata

Santiago Comesaña Veiga, máis coñecido como Santi Comesaña, nado en Vigo o 5 de outubro de 1996, é un futbolista galego que xoga na demarcación de centrocampista no Villarreal, da Primeira División Española.

Traxectoria

Nado en Vigo, Comesaña formouse como futbolista na Escola Deportiva Val Miñor, na que entrou en idade infantil. Na tempada 2013/14 logrou co equipo xuvenil o ascenso á División de Honra, a máxima categoría do fútbol xuvenil en España, e na seguinte campaña o equipo acadou o quinto posto.[1]

O 9 de xullo de 2015 asinou un contrato co Coruxo FC, equipo da Segunda División B.[2] Debutou na primeira xornada da tempada 2015/16, marcando un gol na vitoria do seu equipo por 2–3 na casa do Atlético Astorga FC.[3] O 6 de decembro marcou un hat-trick na vitoria do seu equipo na casa por 5–1 fronte á SD Compostela.[4] Disputou 37 encontros esa tempada no equipo de Rafa Sáez, 36 deles como titular, e anotou 8 goles.

En xullo de 2016 asinou un contrato de catro anos co Rayo Vallecano na Segunda División Española.[5] Debutou co equipo o 28 de agosto, na segunda xornada da tempada 2016/17, saíndo na segunda parte en substitución de Adri Embarba nun empate 0–0 contra o Real Valladolid no Estadio de Vallecas.[6] Xogou só 11 partidos como titular en liga, nunha mala tempada do equipo madrileño, con ata tres adestradores diferentes. A súa sorte cambiou trala chegada de Míchel, e na tempada 2017/18 foi unha peza clave no equipo que logrou o ascenso á Primeira División.[7]

Debutou na Primeira División na segunda xornada da tempada 2018/19, contra o Atlético de Madrid no Estadio Metropolitano. Disputou 25 partidos e marcou o seu primeiro gol na máxima categoría, fronte á Real Sociedad, pero ao remate da competición o equipo descendeu a Segunda. Con Paco Jémez no banco perdeu protagonismo no equipo, pero recuperouno trala chegada de Andoni Iraola, e na tempada 2020/21 xogou un total de 43 partidos, marcando tres goles e contribuíndo a un novo ascenso á máxima categoría.[8]

Continuou como buque insignia do equipo nas dúas seguintes campañas, nas que sumou 79 encontros máis, a gran maioría deles como titular. Deixou o Rayo no verán de 2023, trala fin do seu contrato e despois de sete anos no club, nos que disputou 219 partidos e marcou 13 goles.[9]

O 29 de xuño fíxose oficial a súa fichaxe polo Villarreal.[10]

Notas

  1. "La perla de bronce: Santi Comesaña, polivalencia" (en castelán). Vavel. 22 de marzo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  2. "El Coruxo incorpora a Santi Comesaña y Pablo García" (en castelán). La Voz de Galicia. 9 de xullo de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  3. "El Coruxo ahonda en la herida maragata" (en castelán). Vavel. 22 de agosto de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  4. "El Coruxo tiene una perla" [Coruxo have a pearl] (en castelán). Atlántico Diario. 8 de decembro de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  5. "Santi Comesaña nuevo jugador del Rayo". Ecodiario.es (en castelán). 16 de xullo de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  6. "Rayo y Valladolid convierten en protagonistas a sus porteros" (en castelán). Marca. 28 de agosto de 2016. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  7. González, Raúl (25 de agosto de 2019). "El extraño caso de Santiago Comesaña" (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  8. Álvarez, Aleix (24 de xullo de 2021). "Santi Comesaña: «La falta de minutos me hizo pensar que no valía ni para Segunda»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  9. Villa, Pablo (20 de xuño de 2023). "Comesaña se despide del Rayo: "Nunca olvidaré el cariño de Vallecas"". Marca (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  10. Teruel, Javi (29 de xuño de 2023). "Santi Comesaña ficha por el Villarreal". As (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

Ligazóns externas