Sapoconcho común

O sapoconcho común[1][2] (Emys orbicularis) é unha tartaruga da familia Emydidae e única representante do xénero Emys, que se atopa no centro e sur de Europa, Asia Occidental, Norteamérica e a zona mediterránea de África. Vive preto ou en cursos de auga cuxa corrente sexa lenta e inverna durante máis de sete meses ao ano no fondo da auga. É unha tartaruga de tamaño medio e varía segundo as zonas entre 12 e 38 cm de lonxitude. A súa casca é marrón con zonas verdosas e algunha mancha amarelada.

Hai entre 5000 e 8000 anos, cando o clima europeo era máis cálido, esta tartaruga podíase atopar máis ao norte acadando a actual zona do sur de Suecia.

Parasitos

Esta especie pode albergar diversas especies de parasitos, incluídos Haemogregarina stepanovi, monoxéneos do xénero Polystomoides, trematodos vasculares do xénero Spirhapalum e varias especies de nematodos.

Notas

  • Tortoise & Freshwater Turtle Specialist Group (1996). "Emys orbicularis". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 4 de abril de 2009. 

Notas

  1. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
  2. Sapoconcho común (Emys orbicularis). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas