Sayaka Murata
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ja) 村田沙耶香 ![]() 14 de agosto de 1979 ![]() Inzai, Xapón ![]() |
Educación | Tamagawa University (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Ensaio e literatura ![]() |
Ocupación | escritora de contos, novelista, ensaísta, escritora ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sayaka Murata (en xaponés: 村田沙耶香 Murata Sayaka), nada en Inzai o 14 de agosto de 1979, é unha escritora xaponesa. Foi gañadora do premio Gunzō, do premio Yukio Mishima, do premio Noma e do premio Akutagawa.
Traxectoria
Sayaka Murata naceu en Inzai, na prefectura de Chiba, o 14 de agosto de 1979. De nena, adoitaba ler ciencia ficción e novelas de misterio que lle prestaban o seu irmán e mais a súa nai; esta última mercoulle un procesador de texto despois de que Murata tentara escribir unha novela a man durante o cuarto curso da primaria.[1] Tras graduarse en Inzai, trasladouse a Tokyo para estudar no Instituto Kashiwa (asociado á Universidade Nishogakusha); posteriormente, matriculouse na Universidade Tamagawa.[2]
A súa primeira novela, Jyunyū ("Dar o peito"), gañou o premio Gunzō en 2003.[3] En 2013, recibiu o premio Mishima por Shiro-iro no machi no, sono hone no taion no ("A cidade branca, a calor deses ósos").[4] En 2016, a súa décima novela, Konbini ningen ("A dependenta"), foi galardoada co prestixioso premio Akutagawa,[5] e nomeada muller do ano pola revista Vogue do Xapón.[6] Konbini ningen vendeu máis de 1 millón e medio de exemplares no seu país, e foi traducida a máis de 30 linguas.[7] A propia Murata traballou como dependenta durante 18 anos, até o 2017.[8]
Estilo
A escrita de Murata explora as diversas consecuencias de non adaptarse ás normas sociais establecidas para homes e mulleres, en especial no referente aos roles de xénero, a paternidade e maternidade, ou o sexo.[8] Moitos dos temas e das historias das súas personaxes proceden das súas observacións como traballadora a tempo parcial nunha tenda de 24 horas.[8]
En concreto, a aceptación ou rexeitamento da asexualidade, do celibato ou da ausencia de relacións sexuais no matrimonio son ideas recorrentes nas súas obras, como as novelas Shōmetsu sekai ("O mundo minguante") e Konbini ningen.[9] Tamén destacou o seu honesto tratamento da sexualidade na adolescencia en obras como Gin iro no uta ("A canción prateada") e Shiro-iro no machi no, sono hone no taion no.
Traducións
En castelán
- La dependienta (2019). Tradución directa de Marina Bornas Montaña. Duomo Ediciones. ISBN 9788417761196.[10]
En catalán
- La noia de la botiga 24 hores (2020). Tradución directa de Albert Nolla. Labutxaca. ISBN 978-84-17423-12-4.[11]
Notas
- ↑ Bungeishunjū 2016.
- ↑ Mainichi shinbun 2016.
- ↑ "新人文学賞". 講談社「群像」 (en xaponés). Consultado o 2024-12-04.
- ↑ "三島由紀夫賞 - 新潮社". 新潮社コーポレートサイト (en xaponés). Consultado o 2024-12-04.
- ↑ Kikuchi 2016.
- ↑ "高畑充希、飛躍の一年を回顧「台風の目にいるような感じ」". ORICON NEWS. 2024-06-25. Consultado o 2024-12-04.
- ↑ Tagholm 2019.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Rich 2018.
- ↑ Fallon 2018.
- ↑ "La dependienta • Duomo Ediciones". Duomo Ediciones (en castelán). Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "La Noia De La Botiga 24 Hores". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2024-12-05.
Véxase tamén
Bibliografía
- Bungeishunjū (2016). "村田沙耶香インタビュー「バイトは週3日、週末はダメ人間です」 #1". Bungei online (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018.
- Fallon, Claire (2018). "Amid All the Talk of Incels, a Solitary Woman's Story". The Huffington Post (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 135 de xuño de 2018.
- Kikuchi, Daisuke (2016). "Convenience store worker who moonlights as an author wins prestigious Akutagawa Prize". The Japan Times (en inglés).
- Mainichi shinbun (2016). "印西出身の村田沙耶香さん 入学時文集「いつか理想の自分に」 二松学舎大学付属柏高、母校も喜びに沸く /千葉". Mainichi shinbun (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2019.
- Rich, Motoko (2018). "For Japanese Novelist Sayaka Murata, Odd Is the New Normal". The New York Times (en inglés).
- Tagholm, Roger (2019). "Granta buys new Sayaka Murata novel". The Bookseller (en inglés).