Schengen, Luxemburgo
Epónimo | Schengen (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Luxemburgo | ||||
Cantões (pt) | Remich (pt) | ||||
Capital | Remerschen (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.163 (2024) (164,32 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 31,42 km² | ||||
Bañado por | Río Mosela | ||||
Altitude | 302 m | ||||
Comparte fronteira con | Bous (pt) , norte Haute-Kontz, sur Contz-les-Bains, sur Rustroff, sur Beyren-lès-Sierck, Suroeste Apach, sueste Mondorf-les-Bains (pt) , oeste Perl, leste Dalheim, noroeste Remich (pt) , norte Puttelange-lès-Thionville, oeste | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Michel Gloden (en) (2017–) | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | schengen.lu | ||||
Schengen (pronunciado [ˈʃeŋən]) é unha pequena localidade produtora de viño e unha comuna situada no sueste de Luxemburgo, na marxe occidental do río Mosela, reto do punto onde se reúnen as fronteiras de Alemaña, Francia e Luxemburgo. Dentro do mesmo municipio atópanse as cidades de Remerschen e Wintrange. Segundo datos de 2005, na cidade vivían 1.527 veciños nunha superficie de 10,63 km². Despois das fusións con Burmerange e Wellenstein en 2011,[1] a comuna pasou a ter unha poboación de 4.223 habitantes e unha superficie no seu conxunto que abrangue 31,42 km².
A cidade fíxose famosa porque foi alí onde se asinou o Acordo de Schengen o 14 de xuño de 1985. O concello, situado na localidade de Remerschen, decidiu o 18 de xaneiro de 2006 cambiar o nome do municipio ao de Schengen, entrando en vigor o cambio de nome o 3 de setembro de 2006.
Historia
O castelo de Schengen data de 1390, na Baixa Idade Media, pero foi case completamente reconstruído no século XIX.[2]
Lugares poboados
A comuna componse das seguintes aldeas:
Museo europeo
O Museo europeo abriuse o 13 de xuño de 2010, 25 anos despois da sinatura do Tratado de Schengen, no edificio 'Centre européen'.
A exposición permanente e trilingüe sobre a historia e a importancia dos Acordos de Schengen, nos 200 m2 de espazo expositivo, mostra aos visitantes a eliminación do control das persoas nas fronteiras interiores, posta en práctica como unha das catro liberdades europeas fundamentais no Tratado de Roma de 1957. A sinatura do Acordo está documentada con fotos históricas e imaxes de vídeo e son, así como as declaracións dos implicados nese momento.
Irmandamento*
Schengen está irmandado con:[3]
Notas
- ↑ "Archives". legilux.public.lu. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 09 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Das Schloss von Schengen" Arquivado 19 de abril de 2014 en Wayback Machine., Schengen a.s.b.l. (en alemán). Consultado o 27 de marzo de 2011.
- ↑ "Jumelage". Commune de Schengen (en francés). Consultado o 2023-01-09.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Schengen-Tourist Sitio web oficial de Turismo.