Schleswig-Holstein
Lema | «Der echte Norden» ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña ![]() | ||||
Capital | Kiel ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Dithmarschen (pt) ![]() Flensburgo Herzogtum Lauenburg (pt) ![]() Kiel Lübeck Neumünster Norderdithmarschen District (en) ![]() Nordfriesland (pt) ![]() Ostholstein (pt) ![]() Pinneberg (pt) ![]() Plön (pt) ![]() Rendsburg-Eckernförde (pt) ![]() Schleswig-Flensburg (pt) ![]() Segeberg (pt) ![]() Steinburg (pt) ![]() Stormarn (pt) ![]() Süderdithmarschen District (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.815.955 (2013) ![]() | ||||
Lingua usada | lingua dinamarquesa Lingua frisoa setentrional ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 15.804,28 km² ![]() | ||||
Altitude | 12 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Bungsberg (en) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 23 de agosto de 1946 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Minister-President of Schleswig-Holstein (en) ![]() ![]() | Daniel Günther (2017–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Landtag of Schleswig-Holstein (en) ![]() ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | State Constitutional Court of Schleswig-Holstein (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
ISO 3166-2 | DE-SH ![]() | ||||
Código NUTS | DEF ![]() | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 01 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Zhejiang (pt) ![]() Voivodia da Pomerânia (pt) ![]() País do Loira (1992–) Prefectura de Hyōgo (1995–) Jutlândia do Sul (pt) ![]() Maryland (2002–) Óblast de Kaliningrado (2004–) ![]() | ||||
Sitio web | schleswig-holstein.de ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
Schleswig-Holstein é un dos 16 Estados federados de Alemaña. É o estado máis setentrional do país e comprende a maior parte do Ducado de Holstein e o sur do Ducado de Schleswig.
Historia

O termo "Holstein" deriva do saxón antigo Holseta Land e referíase á tribo central das tres tribos saxoas ao norte do río Elba, Tedmarsgoi, Holstein e Sturmarii. O termo "Schleswig" vén da cidade de Schleswig. O Ducado de Schleswig foi orixinariamente parte de Dinamarca. Tanto Schleswig como Holstein pertenceron ao longo da súa historia en parte ou completamente tanto a Dinamarca como a Alemaña e mesmo foron virtualmente independentes de ambos. A excepción é que Schleswig non formou parte nunca de Alemaña ata a Segunda Guerra de Schleswig en 1864.
O nacionalismo alemán que seguiu ás guerras napoleónicas impulsou un forte movemento popular en Holstein e no sur de Schleswig para a unificación con Prusia. Este movemento foi tamén forte en Dinamarca e no norte de Schleswig reclamando a reintegración de Schleswig no reino de Dinamarca.
Tralo fin da guerra Austro-Prusiana en 1866 acordouse que o pobo do norte de Schleswig sería consultado nun referendo sobre a súa permanencia en Prusia ou volver a Dinamarca. A condición, porén, non foi cumprida. A derrota de Alemaña na primeira guerra mundial os aliados organizaron finalmente o referendo. No norte (10 de febreiro de 1920) os partidarios da unificación con Dinamarca lograron o 75% dos votos. No Schleswig central (14 de marzo de 1920) o 80% votou por Alemaña. No sur non se levou a cabo plebiscito ningún.[1] O 15 de xuño de 1920 o norte de Schleswig volveu a Dinamarca. Esta fronteira foi a única das impostas no Tratado de Versalles que non foi desafiada por Adolf Hitler.
Trala segunda guerra mundial, a provincia prusiana de Schleswig-Holstein entrou na área de ocupación británica. O 23 de agosto de 1946 o goberno militar aboliu a provincia e reconstituíuna como Land separado.[2] Debido ás migracións forzosas de alemáns entre 1944 e 1950 a poboación do estado incrementouse nun 33% (860 000 persoas).[3]
Xeografía
Schleswig-Holstein localízase na base da península de Xutlandia entre o mar do Norte e o mar Báltico. Na parte occidental do estado as terras baixas non teñen outeiros. Xunto coas Illas Frisoas Setentrionais forma o Nationalpark Schleswig-Holsteinisches Wattenmeer, que é o maior parque nacional de Europa Central.
A costa do mar Báltico está marcada polas baías, fiordes e cantís.
División administrativa

Schleswig-Holstein divídese en 11 distritos, chamados Kreise:
- Dithmarschen
- Lauenburg (oficialmente Herzogtum Lauenburg ou "Ducado de Lauenburg")
- Nordfriesland
- Ostholstein
- Pinneberg
- Plön
- Rendsburg-Eckernförde
- Schleswig-Flensburg
- Segeberg
- Steinburg
- Stormarn
Hai ademais catro distritos urbanos (Stadtbezirk):
- KI - Kiel
- HL - Hansestadt ("cidade hanseática") Lübeck
- NMS - Neumünster
- FL - Flensburg
Economía
Schleswig-Holstein é o estado líder na industria das enerxías renovables de Alemaña.[4] En 2014 converteuse no primeiro estado alemán en cubrir o 100% da súa demanda de enerxía con estas enerxías (especialmente eólica, solar e de biomasa).[5]
Notas
- ↑ Schwedler, Frank: Historischer Atlas Schleswig-Holstein 1867 bis 1945, Wachholtz Verlag, Neumünster
- ↑ "Ordinance No. 46, Abolition of the Provinces in the British Zone of the Former State of Prussia and Reconstitution thereof as Separate Länder" (PDF). Consultado o 17 de maio de 2019.
- ↑ Flucht und Vertreibung en Haus der Geschichte (en alemán)
- ↑ Gero Rueter (10 de setembro de 2013). "Northern Germany spearheads energy transition". Deutsche Welle. Consultado o 21 de agosto de 2015.
- ↑ Waselikowski, Lisa (8 de xaneiro de 2015). "Highlight of the Month: The First German State Achieves 100% Renewable Energy". Worldwatch Institute. Consultado o 21 de agosto de 2015.