Segmentación (bioloxía)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Segmentación.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/83/Gray_111_-_Vertebral_column.png/150px-Gray_111_-_Vertebral_column.png)
A segmentación en bioloxía fai referencia á división dalgúns corpos animais e vexetais nunha serie de segmentos repetitivos. A segmentación permite un alto grao de especialización das rexións corporais, observábel nos anélidos, artrópodos e nos vertebrados. En bioloxía teórica, a segmentación é unha manifestación do concepto máis xeral de modularidade. Así mesmo, o seu proceso de formación é unha manifestación do proceso máis xeral da morfoxénese.