A selección de hóckey a patíns masculina de Portugal é o equipo que representa a Portugal nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. O equipo depende da Federação Portuguesa de Patinagem. A selección debutou no Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns na súa primeira edición en Alemaña no ano 1950. A selección de hóckey a patíns masculina de Portugal é unha das seleccións máis laureadas do mundo. Ten 15 Mundiais "A" , 20 Campionatos de Europa e 18 Copas das Nacións.