Sempre ao teu lado, Hachiko
Sempre ao teu lado, Hachiko | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Hachi: A Dog's Tale |
Director | Lasse Hallström |
Produtor | Richard Gere Bill Johnson |
Guión | Stephen P. Lindsey |
Baseado en | Hachikō Monogatari de Kaneto Shindô |
Intérpretes | Richard Gere Joan Allen Erick Avari Jason Alexander |
Música | Jan A. P. Kaczmarek |
Fotografía | Ron Fortunato |
Montaxe | Kristina Boden |
Estudio | Hachiko, LLC Grand Army Entertainment, LLC Opperman Viner Chrystyn Entertainment Scion Films Inferno Production |
Distribuidora | Stage 6 Films |
Estrea | Seattle: 8 de xuño de 2009 6 de xaneiro de 2021 (TVG) |
Duración | 93 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Drama |
Orzamento | 16 millóns de dólares |
Recadación | 46,7 millóns de dólares |
Na rede | |
http://www.hatchi.fr/ | |
Sempre ao teu lado, Hachiko (en inglés: Hachi: A Dog's Tale) é un filme británico-estadounidense de 2009 dirixido por Lasse Hallström, escrito por Stephen P. Lindsey e Kaneto Shindo, e producido por Richard Gere, Bill Johnson e Vicki Shigekuni Wong. É unha adaptación do filme xaponés de 1987 Hachikō Monogatari. O filme orixinal conta a historia real dun can de raza Akita chamado Hachikō que viviu no Xapón na década de 1920. Na versión de 2009, a historia ocorre nos Estados Unidos, e está protagonizada por Gere, Joan Allen, Sarah Roemer, Jason Alexander e Cary-Hiroyuki Tagawa.
Sempre ao teu lado, Hachiko estreouse no Festival Internacional de Cinema de Seattle o 13 de xuño de 2009, e nos cinemas do Xapón o 8 de agosto de 2009. A finais de setembro de 2010, a recadación do filme superou os 45 millóns de dólares.[1]
Estreouse en galego o 6 de xaneiro de 2021 a través da TVG.[2] Foi traducido ao galego por Magdalena Sánchez.[3]
Personaxes
- Layla, Chico e Forrest como Hachi
- Richard Gere como Profesor Parker Wilson
- Joan Allen como Cate Wilson
- Erick Avari como Jasjeet
- Jason Alexander como Carl Boilins
- Sarah Roemer como Andy Wilson
- Cary-Hiroyuki Tagawa como Ken Fujiyoshi
- Robbie Collier Sublett como Michael
- Davenia McFadden como Mary-Ann
- Kevin DeCoste como Ronnie
- Tora Hallström como Heather
Notas
- ↑ Itzkoff, Dave (2010-09-24). "Film Has Two Big Names and a Dog, but No Big Screens". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-05-26.
- ↑ TVG (ed.). "Sempre ao teu lado, Hachiko na TVG". Consultado o 1 de xullo de 2021.
- ↑ TVG (ed.). "Sempre ao teu lado, Hachiko por Magdalena Sánchez". Consultado o 1 de xullo de 2021.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sempre ao teu lado, Hachiko na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)