Sergio Ramos
Sergio Ramos García, nado o 30 de marzo de 1986 en Camas (Sevilla), é un futbolista español que xoga na posición de defensa para o Paris Saint-Germain FC da Ligue 1.
Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1]
Traxectoria
Formouse na canteira do Sevilla FC, etapa na que destacou cunha gran proxección en defensa, e sendo un baluarte para todo ataque do equipo contrario, cunha presenza no campo pouco común para un xogador de tan curta idade, o que lle fixo debutar na Primeira División Española o 1 de febreiro de 2004, con 17 anos de idade. Na súa primeira campaña co Sevilla FC xogou 7 partidos e na seguinte disputou 31, marcando dúas tantos, impresionando a propios e a estraños, e chamando a atención de grandes clubs da liga como o Real Madrid.
Marchou ao Real Madrid o 31 de agosto de 2005 por 27 millóns de euros, converténdose con 19 anos na única fichaxe española do presidente Florentino Pérez. Debutou co equipo madrileño o 10 de setembro no Estadio Santiago Bernabéu, nun partido de Liga contra o Celta de Vigo, e á súa vez, relegando ao banco a Míchel Salgado.
Logo da súa primeira tempada co conxunto branco, na cal marcou 5 goles, participou coa Selección Española na Copa Mundial de Fútbol de 2006, en Alemaña.
Ao acabar a tempada de liga 2006-07, tivo que pasar polo quirófano debido ao golpe recibido por Roy Makaay no partido de Champions contra o Bayern de Múnic (7 de marzo), o que lle produciu unha fractura do tabique nasal. Posteriormente, o día 11 de xullo de 2007 renovou co Real Madrid, cobrando o dobre do que gañaba.
Actualmente é considerado un dos mellores laterais do mundo, chamado a facer historia no club branco, e protagonizando xogadas épicas cada tempada como a conexión que tiña con David Beckham no último ano deste. É un habitual da Selección Española e isto levouno a ser o cuarto capitán do Real Madrid, por detrás de Raúl, Guti e Iker Casillas.
Selección nacional
O seu debut produciuse o 26 de marzo de 2005 en Salamanca, partido no que España gañou 3-0 a China. Marcou 4 goles coa selección española en 52 partidos.
Xogou o Mundial de Alemaña onde a súa selección caeu en oitavos de final e disputou a Eurocopa 2008 de Austria e Suíza participando na final ante Alemaña, xogando os 90 minutos e gañando o título para España.
Nesta mesma final, unha vez terminado o encontro, Sergio luciu unha camiseta dedicada ao seu amigo e ex compañeiro do Sevilla FC Antonio Puerta, falecido tras un fallo cardíaco durante un partido ligueiro a principios desa tempada 2007-08.
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.
Participacións en Copas do Mundo
Evento | Sede | Resultado |
---|---|---|
Copa Mundial de 2006 | Alemaña | 1/8 de final |
Copa Mundial de 2010 | Suráfrica | Campión |
Participacións en Eurocopas
Evento | Sede | Resultado |
---|---|---|
Eurocopa 2008 | Austria e Suíza | Campión |
Estatísticas
Club | Tempada | Liga | Copa | Europa | Total | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PX | G | A | TA | TV | PX | G | A | TA | TV | PX | G | A | TA | TV | PX | G | A | TA | TV | ||
Sevilla FC | 2003-04 | 7 | 0 | ?? | 1 | 0 | ?? | ?? | ?? | ?? | ?? | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 7 | 0 | 0 | 1 | 0 |
2004-05 | 31 | 2 | ?? | 5 | 0 | 5 | 0 | ?? | ?? | ?? | 6 | 1 | 0 | 0 | 0 | 42 | 2 | 0 | 5 | 0 | |
2005-06 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | |
Total | 39 | 2 | 0 | 6 | 0 | 5 | 0 | 0 | 0 | 0 | 6 | 1 | 0 | 0 | 0 | 50 | 2 | 0 | 6 | 0 | |
Real Madrid | 2005-06 | 33 | 4 | 0 | 11 | 3 | 6 | 1 | 0 | 3 | 0 | 7 | 1 | 1 | 1 | 1 | 46 | 6 | 1 | 15 | 4 |
2006-07 | 33 | 5 | 2 | 15 | 1 | 3 | 0 | 0 | 1 | 0 | 6 | 1 | 0 | 3 | 0 | 42 | 6 | 2 | 19 | 1 | |
2007-08 | 33 | 5 | 4 | 14 | 3 | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | 7 | 0 | 1 | 3 | 0 | 43 | 5 | 5 | 17 | 3 | |
2008-09 | 32 | 4 | 3 | 13 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 8 | 1 | 0 | 0 | 0 | 40 | 5 | 3 | 13 | 1 | |
2009-10 | 32 | 4 | 3 | 11 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 7 | 0 | 0 | 0 | 0 | 39 | 4 | 1 | 10 | 1 | |
Total | 163 | 22 | 12 | 64 | 9 | 12 | 1 | 0 | 4 | 0 | 36 | 4 | 2 | 7 | 1 | 211 | 27 | 14 | 77 | 10 | |
Total | 202 | 24 | 12 | 69 | 9 | 17 | 1 | 0 | 4 | 0 | 42 | 5 | 2 | 7 | 1 | 261 | 29 | 12 | 83 | 10 |
PX: Partidos Xogados. G: Goles. A: Asistencias. TA: Tarxetas amarelas. TR: Tarxetas vermellas.
Palmarés
Campionatos nacionais
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Liga de España | Real Madrid | España | 2007 |
Liga de España | Real Madrid | España | 2008 |
Supercopa de España | Real Madrid | España | 2008 |
Campionatos internacionais
Título | Club | Sede | Ano |
---|---|---|---|
Campionato europeo Sub-21 | Selección de España | - | 2004 |
Eurocopa | Selección de España | Austria-Suíza | 2008 |
Copa Mundial de Fútbol | Selección española | Suráfrica | 2010 |
Distincións individuais
- Forma parte do equipo ideal de 2008 elixido polos internautas da páxina oficial da UEFA.
- Fifpro 2008
Notas
- ↑ Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia".