Serra Nevada

Modelo:Xeografía físicaSerra Nevada
Imaxe
Tipocordilleira
sistema montañoso Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaSierra Nevada National and Natural Park (en) Traducir, Sierra Nevada Biosphere Reserve (en) Traducir e Sierra Nevada Natural Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Granada, España e Provincia de Almería, España Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata
 37°03′12″N 3°18′41″O / 37.0533, -3.3114
Características
Altitude3.478 m Editar o valor en Wikidata
Tamaño50 (ancho) × 100 (lonxitude) km
Punto máis altoMulhacén Editar o valor en Wikidata  (3.482 m Editar o valor en Wikidata )
Medicións
Climadry-summer continental climate (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Historia
Período de tempoTerciário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451468
Situación da Serra Nevada na Península Ibérica.

Serra Nevada é un macizo montañoso pertencente ao conxunto da Cordilleiras Béticas, concretamente aos sistemas Penibéticos. Está situada en Andalucía, España, e esténdese desde o centro-sueste da provincia de Granada e parte do suroeste da provincia de Almería. No ano 1986 foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO e no 1999 foi declarada Parque Nacional polos seus valores botánicos, paisaxísticos e naturais. É o macizo montañoso máis alto de toda Europa occidental despois dos Alpes. A súa altitude máxima atópase no pico Mulhacén, de 3.482 metros.

Historia e orixe do nome

Existen referencias á Serra Nevada desde a antigüidade. Plinio o Vello xa mencionou no século I a existencia do monte Solarius na zona fronteiriza entre as provincias romanas hispanas da Bética e a Tarraconense. Durante a época visigoda, Isidoro de Sevilla falou do monte Solorio, derivada de mont Oriens, «monte no que loce o sol antes de saír». Máis adiante, diversos autores islámicos a mencionan, denominándoa uns Yabal Sulayr (monte do Sol e do Aire), Yabal-al-Tay (monte da Neve) e outros simplemente Sulayr. Outras denominacións posteriores foron monte do Sol, do Aire e do Sol, da Neve e tamén Serra da Xeada, sendo a partir do século XVIII bautizada como é coñecida hoxe: Serra Nevada.

Durante o século XVI foi escenario da Rebelión das Alpujarras. Posteriormente, no século XVIII marca o inicio de diversas expedicións, nas que, influídos polo espírito da Ilustración, comezouse a explorar sistematicamente a serra. Así, sobresaen a dirixida polo marqués da Ensenada, á que seguiron outras protagonizadas por importantes científicos, especialmente botánicos, biólogos e xeólogos. Estes comezaron a describir nas súas obras a importantísima riqueza natural da serra. Autores como Washington Irving establecéronse nas súas inmediacións no século XIX. A finais deste, Ángel Ganivet, naquel tempo cónsul de España en Finlandia, comentou nalgún dos seus escritos [1] que a serra podería converterse na «Finlandia andaluza», pola existencia de neve máis de 6 meses ao ano. Xa no século XX, o escritor e hispanista británico Gerald Brenan adicou a súa obra Al sur de Granada a inmortalizar a máis significativa das comarcas da serra, a Alpujarra.

No en 1925 construíuse un tranvía-ferrocarril desde Granada ata a localidade próxima de Güejar-Sierra, que aínda que foi clausurado nos anos 70 marcou en Granada un antes e un despois no coñecemento da serra.

Notas

  1. "Historia de la estación de esquí de Sierra Nevada". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2008. Consultado o 05 de maio de 2010. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Información

Datos bioclimáticos

Flora, fauna e xeoloxía