Servizo de intelixencia

Servizo de intelixencia, servizo secreto ou axencia de intelixencia é unha axencia pertencente a un goberno, que ten como función a obtención de información (intelixencia) relacionada con posíbeis ameazas á seguridade e integridade do Estado. Cando unha axencia obtén información secreta sobre un estado, país ou organización sen autorización do mesmo, a esa actividade chámaselle espionaxe. A maioría dos servizos de intelixencia usan diversos métodos espionaxe contando coa indulxencia dos seus respectivos gobernos. Todos os estados consideran como actividade criminal a espionaxe, mais por norma abstéñense de xulgar a súa propia espionaxe, cuxa práctica en principio non recoñecen nin comentan.

Alén de ocuparse da obtención de información, os servizos secretos tamén tentan evitar a acción de servizos de intelixencia estranxeiros no seu país, a chamada contraespionaxe.

As axencias de intelixencia poden proporcionar os seguintes servizos ós seus gobernos:

  • Proporcionar unha análise en áreas relevantes para a seguridade nacional.
  • Dar a alerta previa dunha crise inminente.
  • Xestionar crises nacionais ou internacionais axudando a diferenciar as intencións dos posíbeis opositores, actuais ou potenciais nun futuro.
  • Informar ás autoridades encargadas dos plans da defensa nacional e das operacións militares.
  • Protexer a información, tanto a das súas fontes e actividades coma as das outras axencias estatais.
  • É posíbel que actúen de forma encuberta para influír no desenlace de acontecementos en prol dos intereses nacionais.

Formas de intelixencia

Existen catro formas básicas de obter información:

  • HUMINT, obtida por seres humanos.
  • SIGINT, obtida pola interceptación de sinais como comunicacións, radares e transmisións de datos.
  • IMINT, obtida por medio de imaxes, como fotografías satélite.
  • MASINT, obtida a través da medida e análise eventos específicos, como explosións nucleares.

Historicamente, a maior fonte de obtención información foi a HUMINT, porén dende xa fai algún tempo a SIGINT é a máis importante a día de hoxe.

Servizos de intelixencia (por país)

Alemaña

  • Bundesnachrichtendienst (BND) - Servizo Federal de Intelixencia
  • Bundesamt für Verfassungsschutz (BfV) - Oficina Federal para a Protección da Constitución
  • Militärischer Abschirmdienst (MAD) - Axencia de Contra-intelixencia Militar

Arabia Saudita

  • Al Mukhabarat Al A'amah - Dirección Xeral de Intelixencia

Australia

  • Australian Secret Intelligence Service (ASIS) -
  • Australian Security Intelligence Organisation (ASIO)

Bangladesh

  • Directorate General of Forces Intelligence (DGFI)
  • National Security Intelligence (NSI)

Bélxica

  • Staatsveiligheid / Sûreté de l'État (SV/SE) - Servizo Estatal de Seguridade

Brasil

  • Agência Brasileira de Inteligência (ABIN) - Axencia de Intelixencia Brasileira

Canadá

  • Canadian Security Intelligence Service / Service canadien du renseignement de sécurité (CSIS/SCRS)
  • Communications Security Establishment (CSE)

Chile

  • Agencia Nacional de Inteligencia (ANI)

Colombia

  • Agencia Central de Intelligencia (ACI)

Cuba

  • Dirección General de Inteligencia (DGI)

República Checa

  • Bezpečnostní informační služba (BIS) - Servizo de Seguridade da Información
  • Úřad pro zahraniční styky a informace (ÚZSI) - Oficina de Relacións Exteriores e Información
  • Vojenské zpravodajství (VZ) - Intelixencia Militar

Dinamarca

  • Politiets Efterretningstjeneste (PET) - Servizo de Seguridade e Intelixencia
  • Forsvarets Efterretningstjeneste (FE) - Servizo de Intelixencia da Defensa

Eslovaquia

  • Slovenská informačná služba (SIS) - Servizo de Información Eslovaco
  • Vojenská spravodajská služba (VSS) - Servizo de Intelixencia Militar

España

Estados Unidos

Exipto

  • Al-Mukhabarat al-'Ammah - Dirección Xeral de Intelixencia Exipcia
  • Mabahith Amn al-Dawla al-'Ulya - Secretaría Estatal de Investigación de Seguridade

Federación Rusa

  • Federalnaya Sluzhba Bezopasnosti (FSB) - Servizo de Seguridade Federal
  • Glavnoye Razvedyvatelnoye Upravlenie Genshtaba (GRU) - Dirección Principal de Intelixencia do Estado Maior Xeneral
  • Sluzhba Vneshney Razvedki (SVR) - Servizo de Intelixencia Externa

Filipinas

  • National Intelligence Coordinating Agency (NICA)
  • Servizo de Intelixencia das Forzas Armadas de Filipinas (ISAFP)
  • National Bureau of Investigation (NBI)
  • Philippine National Police - Intelligence Group (PNP-IG)
  • Bureau of Customs - Intelligence Group (BOC-IG)

Finlandia

  • Suojelupoliisi (Supo) - Protection Police

Francia

  • Direction Générale de la Sécurité Extérieure (DGSE) - Dirección Xeral de Seguridade Externa
  • Direction Centrale du Renseignement Intérieur (DCRI) - Dirección Central de Intelixencia Interior

Grecia

  • Ethniki Ypiresia Pliroforion (NIS) - Servizo Nacional de Intelixencia Heleno

Países Baixos

  • Algemene Inlichtingen- en Veiligheidsdienst (AIVD) - Servizos Xeral de Seguridade e Información
  • Militaire Inlichtingen- en Veiligheidsdienst (MIVD) - Servizo Militar de Intelixencia e Seguridade
  • Nationaal Coördinator Terrorismebestrijding (NCTb) - Unidade Contraterrorista Interno
  • Fiscale inlichtingen- en opsporingsdienst (FOID-ECD) - Servizo de Investigación e Información Fiscal

India

  • National Investigation Agency (NIA)
  • Central Bureau of Investigation (CBI)
  • Intelligence Bureau (IB)
  • Research and Analysis Wing (RAW)

Irlanda

  • G2 Army Intelligence (G2)
  • National Surveillance Unit (Garda) (NSU)

Israel

Italia

  • Agenzia Informazioni e Sicurezza Interna (AISI)
  • Agenzia Informazioni e Sicurezza Esterna (AISE)

Marrocos

  • Direction de la Surveillance du Territoire (DST) - Dirección de Vixilancia do Territorio
  • Direction Generale des Etudes et la Documentation (DGED)

México

  • Centro de Investigación y Seguridad Nacional (CISEN)
  • Agencia Federal de Investigación (AFI)

Nova Zelandia

  • New Zealand Security Intelligence Service (NZSIS)
  • Government Communications Security Bureau (GCSB)

Paquistán

  • Inter-Services Intelligence (ISI)
  • Military Intelligence (MI)
  • Intelligence Bureau (IB)
  • Federal Investigation Agency (FIA)
  • Criminal Investigation Department (CID)

Polonia

  • Agencja Wywiadu (AW) - Axencia de Intelixencia Externa
  • Agencja Bezpieczeństwa Wewnętrznego (ABW) - Axencia de Intelixencia Interna
  • Służba Wywiadu Wojskowego (SWW) - Sevizo de Intelixencia Militar
  • Służba Kontrwywiadu Wojskowego (SKW) - Servizo de Contra-intelixencia Militar

Reino Unido

  • Secret Intelligence Service (SIS ou MI6)
  • Security Service (popularmente MI5)
  • Government Communications Headquarters (GCHQ) - Cuartel Xeral de Comunicacións Gobernamentais

República Popular China

  • Ministerio de Seguranza do Estado (MSS)

Singapur

  • Security and Intelligence Division (SID)
  • Internal Security Department (ISD)

Suecia

  • Kontoret för särskild inhämtning (KSI) - Oficina de Adquisición Especial
  • Underrättelsekontoret (UNDK) - Oficina de Intelixencia

Suráfrica

  • National Intelligence Agency (NIA)

Taiwán

  • National Security Bureau (NSB)

Turquía

  • Milli İstihbarat Teşkilatı (MİT) - Organización Nacional de Intelixencia

Ucraína

  • Holovne Upravlinnya Rozvidky (HUR) - Dirección Central de Intelixencia
  • Sluzhba Bezpeky Ukrayiny (SBU)- Servizo de Seguridade de Ucraína
  • Sluzhba Zovnishnioyi Rozvidky Ukrayiny (SZR ou SZRU) - Servizo de Intelixencia Externa de Ucraína