Sherlock Holmes Baffled
Sherlock Holmes Baffled | |
---|---|
![]() Primeiro encontro de Holmes co intruso | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sherlock Holmes Baffled |
Director | Arthur Marvin |
Fotografía | Arthur Marvin |
Distribuidora | American Mutoscope and Biograph Company |
Estrea | 1900-1903 |
Duración | 30 segundos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Cine mudo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Sherlock Holmes Baffled (literalmente, Sherlock Holmes perplexo) é unha curtametraxe estadounidense de cine mudo en branco e negro dirixido por Arthur Marvin en 1900 e estreada oficialmente en 1903. É a primeira adaptación cinematográfica coñecida do detective Sherlock Holmes, creado polo escritor británico Arthur Conan Doyle.[1] A inclusión da personaxe de Holmes fai que a obra sexa tamén o primeio filme de misterio coñecido.[1][2] No filme, un ladrón que pode aparecer e desaparecer a vontade, rouba unha serie de obxectos a Holmes e tódolos esforzos do detective por capturalo fracasan.[3]
Sherlock Holmes Baffled foi orixinariamente producida para mutoscopios en 1900, e rexistrouse 1903.[3] Só dura 30 segundos e non se coñece o nome dos actores. Considerada durante anos un filme perdido, foi redescuberto en 1968 grazas ós fotogramas impresos en papeis arquivados na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Tuska, Jon (1978). The Detective in Hollywood (en inglés). Nova York: Doubleday. pp. 1. ISBN 978-0-385-12093-7.
- ↑ Harmon, Jim (2003). Radio Mystery and Adventure and Its Appearances in Film, Television and Other Media (en inglés). Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company. pp. 176. ISBN 978-0-7864-1810-7.
- ↑ 3,0 3,1 McKuras, Julie (decembro de 2000). "100 Years Ago: Sherlock Holmes Baffled" (PDF). Friends of the Sherlock Holmes Collections Newsletter (en inglés) (Minneápolis: Friends of the Sherlock Holmes Collections, University of Minnesota Libraries) 4: 2. Consultado o 7-08-2010.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sherlock Holmes Baffled na IMDb (en inglés).