Shirley Clarke
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1919 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 23 de setembro de 1997 ![]() Boston, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | ictus ![]() |
Educación | Stephens College (en) ![]() New Lincoln School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema, guionista, videoartista, montador, produtora, realizadora ![]() |
Período de actividade | 1960 ![]() ![]() |
Movemento | Arte feminista ![]() |
Representante | Electronic Arts Intermix (en) ![]() ![]() |
Participou en | |
1961 | 1961 Cannes Film Festival (en) ![]() ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | UbuWeb Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) ![]() The St. James women filmmakers encyclopedia ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Shirley Brimberg, nada en Nova York o 2 de outubro de 1919 e finada en Boston o 23 de setembro de 1997 foi unha cineasta estadounidense, coñecida como Shirley Clarke.
Traxectoria
Nada en Nova York, Shirley Brimberg era filla dun pai inmigrante polaco que fixo fortuna na industria manufactureira. A súa nai era filla dun multimillonario fabricante e inventor xudeu. A súa irmá máis vella das tres fillas era a escritora Elaine Dundy.[1] O seu interese pola danza comezou a unha idade temperá, mais atopouse coa desaprobación do seu pai, abusón e violento.[2]
Clarke asistiu ao Stephens College, á Johns Hopkins University, ao Bennington College e á Universidade de Carolina do Norte. Como resultado das clases de danza en cada unha destas escolas, adestrouse coa técnica de Martha Graham, a técnica de Humphrey-Weidman e o método de danza moderna de Hanya Holm. Casou con Bert Clarke para fuxir do control do seu pai e así poder estudar danza cos mestres da cidade de Nova York. A súa filla Wendy naceu en 1944.[3] O seu matrimonio con Bert terminou en divorcio en 1963.[4] Comezou a súa carreira como bailarina no movemento de danza moderna vangardista de Nova York. Foi unha ávida participante en clases de danza e actuacións na Young Women's Hebrew Association.
No seu primeiro filme, Dance in the Sun (1953), adaptou unha coreografía de Daniel Nagrin. A New York Dance Film Society seleccionouna como o mellor filme de danza do ano.[5] Nel, Clarke fixo uso de planos rítmicos, rodando un baile no escenario e logo recortando do escenario á praia e de ida e volta ao longo do filme. Pasou de ser bailarina a ser cineasta e expresar a súa arte a través do novo medio.[6] Clarke estudou cinema con Hans Richter no City College de Nova York tras realizar In Paris Parks (1954). En 1955, converteuse en membro de Independent Filmmakers of America e formou parte de círculo de cineastas independentes do Greenwich Village con Maya Deren, Stan Brakhage, Jonas Mekas e Lionel Rogosin.
En 1972, Clarke asinou na campaña da revista Ms, "We Have Had Abortions" ("Tivemos abortos"), que pedía a fin das "leis arcaicas" que limitaban a liberdade reprodutiva; as participantes animaron ás mulleres a compartir as súas historias e a actuar.[7]
Clarke faleceu dun infarto en Boston, tras loitar contra o alzhéimer, pouco antes do seu 78 aniversario.
Filmografía
- A Dance in the Sun (1953)
- In Paris Parks (1954)
- Bullfight (1955)
- A Moment in Love (1957)
- Brussels "Loops (1958)
- Bridges-Go-Round (1958)
- Skyscraper (1959) con Willard Van Dyke e Irving Jacoby
- A Scary Time (1960)
- The Connection (1961)
- Robert Frost: A Lover's Quarrel with the World (1963)
- The Cool World (1963)
- Portrait of Jason (1967)
- Man in Polar Regions (1967)
- Trans (1978)
- One Two Three (1978)
- Mysterium; Initiation (1978)
- Savage/Love (1981)
- Tongues (1982)
- Ornette: Made in America (1985)
Notas
- ↑ Gelder, Lawrence Van (26 de setembro de 1997). "Shirley Clarke Is Dead at 77; Maker of Oscar-Winning Film". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 12 de marzo de 2020.
- ↑ Philip Purser Obituary of Clarke's sister, Elaine Dundy, The Guardian, 8 de maio de 2008.
- ↑ "Wendy Clarke | Video Data Bank". www.vdb.org. Consultado o 2020-03-12.
- ↑ "Clarke, Shirley (1925–1997) | Encyclopedia.com". www.encyclopedia.com. Consultado o 2020-03-12.
- ↑ "Who is Shirley Clarke? - Dance Films Association". dancefilms.org. Consultado o 19 de xullo de 2018.
- ↑ Rabinovitz, Lauren (decembro de 1983). "Choreography of Cinema: An Interview with Shirley Clarke" (PDF). AFTERIMAGE. Consultado o 23 de maio de 2018.
- ↑ "We Have Had Abortions" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xuño de 2019. Consultado o 23 de xullo de 2021.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Shirley Clarke Papers at the Wisconsin Center for Film and Theater Research
- http://archives.nypl.org/the/21468 Shirley Clarke datebook, 1955-1956], held by the Billy Rose Theatre Division, New York Public Library for the Performing Arts
- Article by Andy Gurian
- Interview with Shirley Clarke by DeeDee Halleck
- A profile of Shirley Clarke by Sophia Satchell Baeza Arquivado 01 de marzo de 2021 en Wayback Machine. for Sight & Sound [outubro de 2019]
- Village Voice Arquivado 02 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
- Remembering Shirley Clarke by DeeDee Halleck
- Shirley Clarke: A Retrospective - Edinburgh Film Festival TV
- "A Conversation", Shirley Clarke e Storm de Hirsch, Film Culture n.º 46 (outono de 1967)