Sidney Magal

Sidney
Nome completoSidney Magalhães
AliasSidney Magal
Data nacemento19 de xuño de 1953
Nado enRío de Xaneiro, Brasil
CónxuxeSolange Couto
IrmánsVinny Magalhães e Lúcia Alves
Ocupación
  • Cantante
  • bailarín
  • actor
  • XéneroRomántico
    Instrumento(s)Voz
    Selo(s) discográfico(s)Polydor Records
    Tempo en activo1977 – Presente
    PseudónimoSidney Magal
    Na rede
    http://www.sidneymagal.com.br
    IMDB: nm0535625 Facebook: magalsidney Musicbrainz: 8f100e7b-731b-4379-99a3-49451a64a090 Songkick: 34329 Discogs: 966187 Genius: Sidney-magal Editar o valor em Wikidata
    editar datos en Wikidata ]

    Sidney Magal, nome artístico de Sidney Magalhães, nado no Río de Xaneiro o 19 de xuño de 1953), é un cantante e actor brasileiro.

    Biografía

    Nado nunha familia de artistas, comezou a cantar en programas infantís de televisión, comezando mais tarde a traballar pola noite en casas nocturnas. O sobrenome artístico xurdiu nun tour por Europa.

    Apareceu a mediados dos anos 70 coma un cantante de cancións sensuais e románticas. O seu primeiro éxito foi un compacto coa suxerente música "Se te agarro com outro te mato". Incorporando elementos da música xitana, da música disco e da música latina. Nestes anos vólvese popular, tendo unha presenza constante en programas de televisión. O seu maior éxito é "Sandra Rosa Madalena, a Cigana", moi reproducida en programas como o de Silvio Santos e Chacrinha entre o final dos anos 70 e comezos dos anos 80. Un dos puntos álxidos da súa popularidade foi a comezos dos anos 90 coa efémera explosión da lambada, Sydney Magal volveuse unha das maiores iconas desa época, triunfando coa canción Me chama que eu vou, que foi incluso tema da telenovela Rainha da Sucata da Rede Globo. Tamén traballou no cine, participando na película "Amor Latino", facendo de si mesmo. Os seus shows atraen un público maiormente feminino, que ao final acosa o cantante, buscando levar algún recordo del. Nos anos 90 buscou cambiar un pouco a súa imaxe, gravando un CD de jazz e bossa nova, acompañado dunha orquestra. Porén recentemente regravou os seus vellos éxitos para o compilatorio, "Discoteca do Chacrinha".

    Discografía

    Álbums de estudio
    • 1977: Sidney Magal
    • 1978: Sidney Magal
    • 1979: O amante
    • 1980: O amor não tem hora para chegar
    • 1981: Quero te fazer feliz
    • 1982: Magal espetacular
    • 1983: Vibrações
    • 1984: Cara
    • 1985: Me acende
    • 1987: Mãos dadas
    • 1990: Magal
    • 1991: Só satisfação
    • 1995: Sidney Magal & Big Band
    • 1998: Aventureiro
    • 2000: Baila Magal
    • 2006: Sidney Magal ao vivo [CD/DVD]

    Maiores éxitos

    • 1977 - Se Te Agarro Com Outro Te Mato
    • 1977 - Meu Sangue Ferve Por Você
    • 1978 - Sandra Rosa Madalena
    • 1978 - Amante Latino
    • 1979 - Estou Te Acostumando Mal
    • 1979 - Brasileiro No Meu Calor
    • 1988 - Amália Rosa
    • 1990 - Me Chama Que Eu Vou
    • 1991 - Besame Mucho
    • 1995 - Mulher
    • 1995 - Céu Cor-De-Rosa
    • 2005 - Tenho (Remix)
    • 2006 - Meu Sangue Ferve Por Você (Remix)
    • 2006 - Spot Light
    • 2007 - Nada Além
    • 2008 - Rasgatanga

    Traballos no cine

    • Happy Feet Two - dobraxe do personaxe Amoroso (2011)
    • Happy Feet - dobraxe do personaxe Amoroso (2006)
    • Um Lobisomem na Amazônia - Sacerdote Inca (2005)
    • O Caminho das Nuvens - Panamá (2003)
    • Amante Latino (1979)
    • O Sexo das Bonecas (1974)
    • Inspetor Faustão e o Mallandro - el mesmo (1991)
    • Jean Charles (filme) - el mesmo (2009)

    Traballos na televisión

    • A História de Ana Raio e Zé Trovão - Ed Cigano (1990)
    • O Campeão - Ismael (1996)
    • Celebridade - El mesmo (2004)
    • A Diarista ("O Spa") (2004)
    • Da Cor do Pecado - Comandante Frazão (2004)
    • Bang Bang - Zorroh (Cleiton) (2005)
    • Toma Lá, Dá Cá ("Boa Noite, Seu Ladir") - Esteban (2007)
    • Faça Sua História ("A Vingadora Capixaba") - Pasaxeiro (2008)
    • Uma Escolinha muito Louca - Profesor (2008/2009)