Sigmund Jähn

Sigmund Jähn
Datos persoais
Nacemento13 de febreiro de 1937
LugarMorgenröthe-Rautenkranz
Falecemento21 de setembro de 2019
Actividade
MisiónsSoiuz 31 e Soiuz 29
Tempo no espazo7,87 días
Premioscidadán de honor de Berlín, Meritorious Military Pilot of the German Democratic Republic, Medalla de ouro con rango de heroe da RDA, Heroe da Unión Soviética, Flyer Cosmonaut of the German Democratic Republic, Golden Hen, Orde de Lenin, Orden de karl Marx, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo", Medal of Merit of the National People's Army, Medal Brotherhood in Arms e Dr. Friedrich Joseph Haass-Preis
editar datos en Wikidata ]

Sigmund Werner Paul Jähn, nado en Rautenkrantz o 13 de febreiro de 1937 e finado o 21 de setembro de 2019, foi o primeiro cosmonauta alemán. Particiou nas misións Soiuz 31 e Soiuz 29.[1]

Traxectoria

Jähn graduouse en 1958 como piloto na Escola Superior para Oficiais da Forza Aérea Franz Mehring para logo servir na Forza Aérea da República Democrática Alemá. En 1970 graduouse na Academia Gagarin da Forza Aérea da Unión Soviética. Grazas ao seu dominio do ruso traduciu varias publicacións políticas e militares rusas ao alemán.[1]

En 1976 ingresou, xunto con Eberhard Koellner, no corpo de cosmonautas soviéticos, no grupo Interkosmos número 1. Participou nas misións Soiuz 29 e Soiuz 31. Ao seu regreso continou servindo na Forza Aérea. Faleceu o 21 de setembro de 2019.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Jaehn, Sigmund Werner Paul 'Sig'" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2020. 

Véxase tamén

Outros artigos