Siria
| الجمهورية العربية السورية (ar) سوريا (ar) Komara Erebî ya Sûriyê (ku) | |||||
| Himno | Homat al Diyar | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Territorio reivindicado por | Francia (–1946) | ||||
| Capital | Damasco | ||||
| Contén a división administrativa | Gobernación de Al-Hasakah Gobernación de Alepo Gobernación de Ar-Raqqa Gobernación de As-Suwayda Gobernación de Dar'a Gobernación de Deir ez-Zor Gobernación de Hama Gobernación de Homs Gobernación de Idlib Gobernación de Latakia Gobernación de Quneitra Gobernación de Tartus Gobernación do Damasco Rural gobernación de Damasco | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 23.865.423 (2024) | ||||
| Lingua oficial | lingua árabe | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 185.180 km² | ||||
| Auga | 1,1 % | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
| Punto máis alto | Monte Hermón (2.813,95 m) | ||||
| Punto máis baixo | Mar de Galilea (−214 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 8 de marzo de 1920 | ||||
| Organización política | |||||
| Forma de goberno | República semipresidencialista (1973–) | ||||
| • Presidente | Bashar al-Assad (2000–2024) | ||||
| Órgano executivo | Goberno de Siria | ||||
| • Primeiro ministro | Mohammed al-Bashir (2024–) | ||||
| Órgano lexislativo | Consello Popular de Siria , (Escano: 250) | ||||
| Máxima autoridade xudicial | Tribunal Constitucional Supremo de Siria | ||||
| Membro de | |||||
| Moeda | libra siria | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Dominio de primeiro nivel | .sy | ||||
| Prefixo telefónico | +963 | ||||
| Teléfono de emerxencia | 112, 110 e 113 | ||||
| Código de país | SY | ||||
Siria[1] é un país do Oriente Medio. Limita ó norte con Turquía, o leste e sur con Iraq, ó sur con Xordania e ó oeste con Israel, Líbano e o mar Mediterráneo. A rexión de fronteira con Israel (Altos do Golán) é obxecto de disputa entre ámbolos dous países.
Historia
Siria forma parte de Asia, en concreto do Oriente Medio. O nome de Siria é tan antigo como a súa historia, atopándose multitude de referencias na Biblia. Anteriormente, formaba parte dun territorio moito máis amplo, que incluía ademais os actuais Chipre, Líbano, Xordania, Iraq e Israel, cuxo nome era Bilad al Cham ou Territorio Lunar, por ser a súa capital, Damasco, tamén chamada Cham, un oasis no medio do deserto.
Siria formou parte, xunto con Exipto, da República Árabe Unida entre 1958 e 1961.
Durante un breve período nos anos 1970, Siria xunto con Libia e Exipto conformou unha federación que pretendía ser o xerme para a definitiva unidade árabe. Dita federación fora impulsada de xeito decidido polo líder libio Muammar al-Gaddafi, pero sucumbiu aos conflitos de intereses entre os tres países que se viron divididos entre outros asuntos pola súa postura fronte a Israel.
Subdivisións
Siria divídese en 14 muhafazat (محافظة , singular muhafazah equivalente a provincia ou gobernación) que levan o nome da capital, e que se subdividen en 61 manāṭiq (singular minţaqah equivalente a distrito ou rexión)
| Nº | Muhafazat | Capital | |
|---|---|---|---|
| 1 | Lataquia | Lataquia | |
| 2 | Idlib | Idlib | |
| 3 | Alepo | Alepo | |
| 4 | Al-Raqqah | Al-Raqqah | |
| 5 | Al-Hasakah | Al-Hasakah | |
| 6 | Tartus | Tartus | |
| 7 | Hama | Hama | |
| 8 | Deir ez-Zor | Deir ez-Zor | |
| 9 | Homs | Homs | |
| 10 | Damasco | – | |
| 11 | Damasco Rural | – | |
| 12 | Quneitra | Quneitra | |
| 13 | Daraa | Daraa | |
| 14 | Al-Suwayda | Al-Suwayda |
Xeografía

Siria esténdese entre as latitudes 32° e 38° N e as lonxitudes 35° e 43° E. Na súa maior parte consiste nunha chaira árida, non obstante o noroeste do país, que se abeira ó Mediterráneo, é bastante verde. O nordés mailo sur constituían as zonas agrícolas tradicionais.[2] O Éufrates, o río sirio máis importante, cruza o país polo leste.
O clima é seco e quente, os invernos son moderados, mais pola elevación do país por veces neva no inverno.[2].
Economía
- Véxase: Economía de Siria.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sirio.
- ↑ 2,0 2,1 National Council of Geography Teachers (U.S.) (1928). The Journal of Geography. The Journal of geography. p. 167.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |