Sociedade erudita
Unha sociedade erudita (tamén coñecida como academia erudita ou asociación académica) é unha organización que existe para promover unha disciplina académica, unha profesión ou un grupo de disciplinas relacionadas como as artes.[1] A afiliación pode ser aberta a todos, pode requirir posesión dalgunha cualificación ou pode ser unha honra conferida por elección.[2]
Moitas das sociedades eruditas son organizacións sen ánimo de lucro, e moitos son asociacións profesionais. As súas actividades tipicamente inclúen conferencias regulares para a presentación e discusión de novos resultados de investigación e publicación de revistas académicas patrocinadoras na súa disciplina. Algúns tamén actúan colexios profesionais, regulando as actividades dos seus membros no interese público ou no interese colectivo da afiliación.
Historia
Algunhas das máis antigas sociedaeds eruditas son a Académie des Jeux floraux (fundada en 1323), a Sodalitas Litterarum Vistulana (fundada en 1488), a Accademia della Crusca (fundada en 1585), a Accademia dei Lincei (fundada en 1603), a Academia Francesa (fundada en 1635), a Leopoldina (fundada en 1652), a Royal Society of London (fundada en 1660) e a Académie des sciences (fundada en 1666).
Notas
- ↑ "The Environmental Studies Association of Canada - What is a Learned Society?". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de maio de 2013.
- ↑ "Learned societies & academies". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2014. Consultado o 10 de maio de 2013.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Scholarly Societies Project from the University of Waterloo LibrariesArquivado 31 de agosto de 2015 en Wayback Machine.
- Eclectica, virtual exhibit on the history of Canadian learned societies.