Soiuz TM-24
Soiuz TM-24 | |
---|---|
Parche da misión Soiuz TM-24. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 17 de agosto de 1996, 13:18 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 196,73 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Mir.[2][6] |
Regreso | 2 de marzo de 1997, 6:44 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1996-047A |
Masa | 7150,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-24 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 18 de agosto de 1996 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
Soyuz TM-24, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Valeri Korzun, Aleksandr Kaleri e Claudie Haigneré (a primeira muller francesa en ir ao espazo) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]
Durante a misión recibiu a visita da misión STS-79, da Progress M-33, da STS-81 e da Soiuz TM-25.[2][3][4][5]
A Soiuz TM-24 regresou á Terra o 2 de marzo de 1997 ás 6:44 GMT preto de Arkaylk (Kazakhstán).[2][3][4][5]
Véxase tamén
Outros artigos
Notas
- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 24" (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 24" (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 15 April 1997 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-23994T). 23 de maio de 1997: 14. Consultado o 4 de decembro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-24" (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-24" (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2017.