Sonata Arctica
Sonata Artica | |
---|---|
![]() | |
![]() Sonata Arctica en xullo de 2016. | |
Orixe | Kemi, Finlandia ![]() |
Período | 1996 - actualidade |
Xénero(s) | Power Metal |
Selo(s) discográfico(s) | Spinefarm Records Nuclear Blast |
Membros | Tony Kakko Elías Vijanen Pasi Kauppinen Tommy Portimo Henrik Klingenberg |
Antigos membros | Mikko Harkin Janne Kivilahti Pentti Peura Jani Liimatainen Marko Paasikoski |
Na rede | |
http://www.sonataarctica.info/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sonata Arctica é unha banda de Power Metal finlandesa, da cidade de Kemi, formada en 1996 baixo o nome Tricky Beans, que despois trocou a Tricky Means, e finalmente a Sonata Arctica, en 1999.
Traxectoria
A banda fundouse baixo o nome de Tricky Beans e nos seus comezos tocaban cancións fortemente influenciadas polo xénero do rock and roll, que non tiñan moito que ver co seu actual estilo, o power metal. Ó comezo da súa carreira, gravaron 3 demos, que nunca se enviaron a selo discográfico ningún - Friend 'till The End, Agre Pamppers e PeaceMaker.
En 1997 o nome da banda trocou a Tricky Means, e dende aquela ata 1999 o seu estilo foi cambiando e finalmente tivo un drástico troco, adquirindo forte énfase nas melodías de teclado e confiando nunha liña claramente distinguíbel do baixo e da guitarra. O vocalista Tony Kakko desenvolveu un estilo propio para cantar, o cal básase no falsete e nas voces de tenor.
En 1999, a banda entrou ós estudios para gravar unha demo titulada Fullmoon, que compoñera Tony Kakko, o guitarrista Jani Liimatainen, o baixista Janne Kivilahti e o batería Tommy Portimo. A demo foi enviada ó selo Spinefarm e a banda trocou o seu nome a Sonata Arctica. Un contrato de gravación chegou pouco despois.
Máis tarde, nese ano, lanzouse en Finlandia o primeiro sinxelo do grupo, titulado UnOpened, que marcou un grande impacto, entrando nos 20 máis vendidos na súa primeira semana á venda. Deseguido a banda pechou varios contratos con selos darredor do mundo, con vistas ó lanzamento do seu primeiro álbum. Ó disco chamóuselle Ecliptica, lanzado a finais de 1999 en todo o mundo, obtendo boas críticas por parte da prensa especializada. Tony Kakko decidiu entón concentrarse no canto e comezou a procurar un novo teclista para a banda: Mikko Harkin (antes en Kenziner) foi, eventualmente, invitado a encher aquel posto.
A comezos do 2000, Sonata Arctica foi elixida a banda para ser abreconcertos dos xa consagrados Stratovarius a través da súa xira por Europa. Janne Kivilahti marchou da banda e foi substituído por Marko Paasikoski, un dos fundadores de Tricky Beans. Dende finais do 2000 ata o 2001, a banda traballou na composición e gravación do seu seguinte disco, Silence, que foi lanzado en xuño de 2001. Unha extensa xira seguiuno, realizando unha serie de concertos a través de toda Europa (xunto con Gamma Ray) e o Xapón. No 2002 Sonata Arctica fixo a súa primeira incursión en América, realizando shows no Brasil e Chile. De acordo con algúns dos músicos da banda, esa foi unha das súas mellores xiras ata o momento - sendo a outra a xira no Xapón no 2003-. Un álbum en vivo titulado Songs Of Silence foi tamén lanzado ese mesmo ano.
A finais do 2002, o teclista Mikko Harkin deixou a banda debido a razóns persoais. Así, o seu terceiro álbum - Winterheart's Guild - gravouse coa axuda do afamado Jens Johansson, teclista de Stratovarius, quen gravou as pistas de teclado con Tony Kakko. O teclista Henrik Klingenberg uniuse á banda, e neste tempo tomaron parte dunha xira para promocionar o seu novo álbum. Na maioría dos concertos as entradas esgotáronse.
Co fin do seu contrato co selo Spinefarm, a banda recibiu invitacións da maioría dos selos discográficos de Europa, e eventualmente elixiron Nuclear Blast. A comezos do 2004, a banda foi elixida como abreconcertos para a xira no Xapón de Iron Maiden. En marzo dese mesmo ano, Tommy Portimo converteuse en pai; a súa esposa tivo unha nena. Reckoning Night foi gravado en tres meses e lanzado en outubro. Ambos, o single e o EP deste lanzamento, permanecieron no Top dos máis escoitados en Finlandia durante 6 semanas. Unha xira promocional veu a continuación, porén Sonata Arctica recibiu unha invitación da popular banda Nightwish, para que se lles uniran na súa xira a través de Europa, polo cal fixeron un troco de plans. Os concertos nos que participaron tiveron unha audiencia de ata dez mil persoas.
Membros
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/Sonata_Arctica_-_02.jpg/350px-Sonata_Arctica_-_02.jpg)
Membros actuais
- Tony Kakko: voces e teclado.
- Tommy Portimo: batería.
- Pasi Kauppinen: baixo.
- Henrik Klingenberg: teclados en directo.
- Elias Viljanen: guitarra.
Antigos membros
- Jani Liimatainen: guitarra
- Mikko Harkin: teclados
- Janne Kivilahti: baixo
- Pentti Peura: baixo
- Marko Paasikoski: baixo
Discografía
Álbums
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Ecliptica | 1999 | Spinefarm Records |
Silence | 2001 | Spinefarm Records |
Winterheart's Guild | 2003 | Spinefarm Records |
Reckoning Night | 2004 | Nuclear Blast |
Unia | 2007 | Nuclear Blast |
The Days of Grays | 2009 | Nuclear Blast |
Stones Grow Her Name | 2012 | Nuclear Blast |
Pariah's Child | 2014 | Nuclear Blast |
The Ninth Hour | 2016 | Nuclear Blast |
Talviyö | 2019 | Nuclear Blast |
Clear Cold Beyond | 2024 | Atomic Fire |
Álbums ao vivo
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Songs of Silence - Live in Tokyo | 2002 | Spinefarm Records |
For the Sake of Revenge | 2006 | Nuclear Blast |
Live in Finland | 2011 | Nuclear Blast |
Miniálbums
Sinxelos
- UnOpened (1999)
- Wolf & Raven (2001)
- Last Drop Falls (2001)
- Victoria's Secret (2003)
- Broken (2003)
- Don't Say a Word (2004)
- Replica (2006)
- Shamandalie (2007)
- Paid in Full (2007)
- The Last Amazing Grays (2009)
- I Have a Right (2012)
- Shitload of Money (2012)
- Alone in Heaven (2013)
- The Wolves Die Young (2014)
- Cloud Factory (2014)
- Love (2014)
- Christmas Spirits (2015)
- Closer to an Animal (2016)
- Life (2016)
- A Little Less Understanding (2019)
- Cold (2019)
- The Rest Of The Sun Belongs To Me (2021)
- First in Line (2023)
- A Monster Only You Can’t See (2023)