Sour (cóctel)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a6/A_whiskey_sour_in_the_hand.jpg/300px-A_whiskey_sour_in_the_hand.jpg)
Os Sour (agre) é unha familia de cócteles tradicionais. Os exemplos comúns de sours son o Margarita e o Sidecar. Os Sours pertencen a unha das vellas familias de cócteles orixinais e son descritos no libro de 1862 de Jerry Thomas Como mesturar bebidas.[1] Os sours son bebidas mesturadas cunha base de licor (bourbon ou calquera outro whisky no caso dun whisky sour), limón ou zume de lima, clara de ovo, e un edulcorante (triple sec, xarope, granadina ou zume de ananás son os máis comúns).[2]
Lista de sours
- Kamikaze vodka, triple sec, e zume de limón, mesturado en partes iguais. Tamén se pode servir como un gotiño.
- Sidecar
- Amaretto sour
- Caipiriña
- Daiquiri
- Kamikaze
- Margarita
- Gin sour
- Pisco sour
- Whisky sour
- White Lady (cóctel), Dama Branca (tamén coñecido como Delilah, Chelsea Side-car, Kiernander e Lillian forever) é esencialmente un Sidecar de xenebra en lugar de augardente.
Outros sours
- Brandy Sour ou Daisy Brandy (Jerry Thomas, 1887), brandy, curaçao claro ou laranxa, azucre, zume de limón, sacudido e coado nunha copa de viño.
- Brandy Sour Chipriota - Brandy de Chipre, limón e amargos, axítase nun vaso alto, e remátase con soda ou limoada.
- Santa Cruz Sour (Jerry Thomas, 1887)- Ron Santa Cruz, azucre, zume de limón, axitado e servido nunha copa de viño.
- Midori Sour licor de melón, granadina, zume de limón. Vertido correctamente, aseméllase a un Tequila Sunris verde coas capas visibles.
- Caipirinha - Cachaça, azucre, lima, xeo nun vaso Old fashioned.
Notas
- ↑ Paul Clarke. Make Yourself Comfortable. September 25, 2005. The Cocktail Chronicles. Retrieved on January 1, 2007.
- ↑ Regan, Gary. The Joy of Mixology, The Consummate Guide to the Bartender's Craft. (2003) Clarkson Potter. ISBN 0-609-60884-3.
Véxase tamén
Outros artigos
- Zume de limón
- Zume de lima
- Lista de cócteles