Southern Kings
Nome | Isuzu Southern Kings | ||
---|---|---|---|
Unión | South African Rugby Union | ||
Fundación | 2009; hai 16 anos | ||
Sede | ![]() | ||
Estadio(s) | Nelson Mandela Bay Stadium | ||
Capacidade | 48.459 espectadores | ||
Presidente | Loyiso Dotwana | ||
Adestrador | Robbi Kempson | ||
Capitán | Mike Willemse | ||
Caps | Schalk Ferreira (73) | ||
Anotador | Masixole Banda (170) | ||
Ensaios | Yaw Penxe (15) | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 7º (conferencia B) | ||
| |||
Na rede | |||
https://kingsrugby.co.za/ |
Os Southern Kings, coñecidos por motivos de patrocinio como Isuzu Southern Kings, son un equipo de rugby surafricano con sede na cidade de Porto Elizabeth (Cabo Oriental). Desde a temporada 2017−18 compite no Pro14, unha competición profesional que agrupa a equipos de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. Antes de unirse á competición, os Southern Kings competiron no Super Rugby. O estadio onde xogan os seus encontros como local é o Nelson Mandela Bay Stadium, recinto con capacidade para 48.459 espectadores inaugurado no ano 2009 coa xira dos British and Irish Lions polo país.
Na temporada 2013, a área de captación dos Southern Kings estab formada polo Cabo Oriental e partes do Cabo Occidental, atraendo xogadores de tres federacións provincias: os Eastern Province Kings de Port Elizabeth (representando a metade sur do Cabo Oriental), os Border Bulldogs de East London (representando a metade norte do Cabo Oriental) e os SWD Eagles de George (representando os distritos do Suroeste). Con todo, despois de que a South African Rugby Union tomase o control da franquía en novembro de 2015, o club non ten ligazóns formal con ningunha federación provincial.
Elenco
Os seguintes son os xogadores dos Southern Kings para o Pro14 de 2019−20.[1]
Notas
- ↑ "Team". Isuzu Southern Kings. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2019. Consultado o 1 de decembro de 2019.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina web oficialArquivado 05 de novembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)